Alfonso Calvo abre no Teucro o XXVI Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra
Por Redacción
Todo está preparado en Pontevedra para o comezo da edición número 26 do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra, todo un referente no panorama musical do noroeste peninsular.
O contrabaixista compostelán Alfonso Calvo será o encargado de abrir o programa do festival. Será cun concerto que se celebrará na Praza do Teucro, a partir das 22.30 horas. A entrada, como en todo este evento cultural, é gratuíta
Calvo, que virá a Pontevedra en formato de septeto, presentará en directo os temas do seu disco Sea ahead, editado hai dous anos, e tamén cancións que estarán incluídos no seu vindeiro traballo discográfico que será gravado este ano.
As súas composicións exploran as enormes posibilidades arranxísticas dun ensemble de formato medio coma este, con referencias evidentes ao hard bop e ao jazz modal, sen perder o enfoque persoal.
Xunto a el estará Pablo Castaño (saxos alto, soprano), Xosé Miguélez (saxos tenor, frauta), Xabier Pereiro (trompeta, fliscorno), Luis Miranda (trombón), Iago Mouriño (piano) e Miguel Cabana (batería). Ademais, estará Afonso Traficante (vibráfono) como convidado especial.
Relacionadas:
-
A enerxía de Don Bryant revoluciona o Festival de Jazz e Blues de Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Cinco "nómades" liderados por Joel Ross ofrecen un concerto único en Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Alfonso Calvo deixa paso no Festival de Jazz e Blues de Pontevedra á inédita banda Nomads
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Don Bryant, Abe Rábade, "Wolfman" Washington e Bollani encherán de ritmo o Festival Internacional de Jazz
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |