A enerxía de Don Bryant revoluciona o Festival de Jazz e Blues de Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado
Aos seus 76 anos de idade, o estadounidense Don Bryant deu toda unha lección en Pontevedra. A Ferrería vibrou este mércores coa enerxía que o veterano músico mostrou sobre o escenario do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra.
Acompañado da banda The Bo- Keys, un grupo de homenaxe ao soul e ao góspel co que Bryant regresou aos escenarios hai dous anos, ofreceu na cidade do Lérez o seu único concerto en España. Nel, demostrou que é unha das grandes voces deste xénero musical.
A súa era unha das actuacións máis esperadas do festival e non decepcionou a ninguén. Interpretou os temas do seu último disco xunto á banda e, ademais, foi intercalando os temas máis coñecidos da súa carreira, contaxiando a súa paixón e o seu ritmo ao público que enchía a praza.
Abe Rábade será quen tome o relevo no festival na noite deste xoves. O compostelán, unha das grandes referencias do jazz galego, virá acompañado pola súa banda habitual, formado por André Rosinha e Bruno Pedroso.
Doravante é o novo álbum da formación que, estilísticamente falando, practican un rico eclecticismo onde se pode atopar a pegada da música tradicional de Galicia, o jazz máis ortodoxo, o R& B, a experimentación máis arriscada ou a influencia da música clásica.
Relacionadas:
-
Ritmos brasileiros despiden o Festival Internacional de Jazz
Por Diego Torrado |
-
O home lobo aúlla á lúa da Ferrería a ritmo de blues
Por Diego Torrado & Oskar Viéitez |
-
O jazz 'made in Galicia' de Abe Rábade resoa na Ferrería
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Cinco "nómades" liderados por Joel Ross ofrecen un concerto único en Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Alfonso Calvo deixa paso no Festival de Jazz e Blues de Pontevedra á inédita banda Nomads
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Alfonso Calvo abre no Teucro o XXVI Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra
Por Redacción |