Ritmos brasileiros despiden o Festival Internacional de Jazz
Por Diego Torrado
O brasileiro Stefano Bollani pechou unha nova edición, a número 26, do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra.
Este instrumentista, cantante e compositor, amosou este sábado na Ferrería o seu grande amor polos sons brasileiros con "Que Bom", álbum recentemente lanzado ao mercado no que basea as súas xiras actuais por todo o mundo, incluíndo o seu concerto en Pontevedra.
En "Que Bom" xunto a Bollani hai grandes representantes da música instrumental brasileira como Jorge Helder no contrabaixo, Jurim Moreira na batería e o que foi integrante do Pat Metheny Group, Armando Marçal na percusión: artistas moi queridos por Bollani, flanqueados aquí por Thiago da Serrinha, famoso percusionista de fama internacional.
Un luxo, sen dúbida, telos en directo a todos eles en Pontevedra.
Relacionadas:
-
RADIO.- Escoita co Cara a cara aos artistas do Festival Internacional de Jazz e Blues
Por Marisa Ciordia |
-
O home lobo aúlla á lúa da Ferrería a ritmo de blues
Por Diego Torrado & Oskar Viéitez |
-
O jazz 'made in Galicia' de Abe Rábade resoa na Ferrería
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A enerxía de Don Bryant revoluciona o Festival de Jazz e Blues de Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Cinco "nómades" liderados por Joel Ross ofrecen un concerto único en Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado |