O Museo de Pontevedra supera as 100.000 visitas antes do remate do mes de agosto
Por Redacción
Os edificios do Museo de Pontevedra, abertos ao público, xa recibiron no que vai de ano máis de 100.000 visitas, do mesmo xeito que xa sucedera en 2017. O monumento máis visitado no das Ruínas de San Domingos, con 59.812 persoas que se achegaron ata este espazo desde a súa reapertura o 24 de marzo, despois do seu habitual peche durante os meses de inverno.
A exposición que contou con máis visitantes é a dedicada ao arquitecto pontevedrés Alejandro da Sota. Máis de 11.000 persoas achegáronse a ver a mostra que contou con visitas guiadas. A segunda exposición en número de visitas é 'A beleza oculta', un traballo comisariado por escolares e que recibiu a 5.215 persoas. Tras elas, a exposición itinerante do Museo Tiflológico da Once na que se podía experimentar vendo e tocando diferentes obxectos tamén contou cunha importante presenza de público, alcanzando as 4.584 visitas.
O mes de abril foi o que contou con máis presenza de interesados pola arte foi abril, con máis de 7.000 visitas. Actualmente, pódense ver dúas exposicións temporais. Por unha banda atópase 'Coplas de Cego', do marinense José Solla, que xa ha alcanzando máis de 4.560 visitas e aínda permanecerá aberta ata o 23 de setembro. Por outra banda, as persoas interesadas na arte contemporánea teñen unha boa oportunidade de ver as obras gañadoras e seleccionadas no certame de 'Novos Valores 2018', que se manterá no Sexto edificio ata o 16 de setembro.
O Museo de Pontevedra ten previsto desenvolver tres mostras temporais máis: 'Francisco José de Caldas (1768-1816). O sabio de Caldas', que se poderá ver do 11 de outubro ata o 18 de novembro; 'Sileno. Coleccións ABC e Museo de Pontevedra', do 4 de decembro ao 27 de xaneiro; e 'Maside en Combarro', unha mostra que se inaugurará o 18 de decembro e manterase aberta ao público ata o 27 de xaneiro de 2019.
Relacionadas:
-
José Solla, o "grande embaixador" da provincia por todo o mundo
Por Oskar Viéitez |
-
O Museo de Pontevedra amosa os dous lados do Atlántico a través da mirada de José Solla
Por Redacción |
-
Natalia Umpiérrez, Noela Covelo, Blanca Nieves Lourés e Lois Búa, premios Novos Valores 2018
Por Redacción |
-
O Museo de Pontevedra bate récords e acada os 57.444 visitantes no primeiro semestre do ano
Por Redacción |
-
Máis de 11.000 persoas achegáronse á figura de Alejandro de la Sota no Museo
Por Redacción |