Iraq a través dos ollos dunha espía británica
Por Redacción
A Fundación Araguaney-Ponte de Culturas e o Concello de Pontevedra proxectan este mércores, 5 de setembro, o documental "Cartas desde Baghdad", cinta que forma parte do ciclo de cinema árabe "Amal en Ruta Pontevedra 2018", unha versión resumida da última edición da Semana de Cinema Euroárabe Amal, celebrada en outubro de 2017 en Santiago de Compostela. Proxectarase ás 21:00 horas no Teatro Principal.
"Cartas desde Baghdad" é unha produción británica de 2016 dirixida por Sabine Krayenbühl e Zeba Oelbaum, un documental de ton artístico que narra a vida de Gertude Bell, e conta a historia dunha das mulleres máis influentes no Imperio Británico que foi ignorada e pouco recoñecida pola historia.
A través das súas cartas, o documental vai permitindo ao espectador recoñecer a súa verdadeira influencia, así como as súas habilidades literarias que axudaron a definir o destino de Iraq despois da Primeira Guerra Mundial. A súa proxección e as súas decisións tiveron relevancia ata o momento actual e, a pesar de ser unha descoñecida, recoñécese hoxe en día que foi máis influente que o seu contemporáneo Lawrence de Arabia. De feito, e a pesar do misoginismo da época, denominoulla "the female Lawrence of Arabia".
Relacionadas:
-
'Alí, a cabra e Ibrahim' pecha o ciclo de cine árabe Amal en Ruta
Por Redacción |
-
"Cairo Jazzman", un documental político musical
Por Redacción |
-
Un thriller abafante sobre o fundamentalismo islámico chega ao Principal con Amal en Ruta
Por Redacción |
-
O Principal volve coa Mostra de Cinema Euro-árabe Amal en Ruta
Por Redacción |