Xúlio Abonjo e Isabel Risco vivirán un 'venres golfo' no Principal con "Estás aí?"
Por Redacción
Dous dos actores máis coñecidos no panorama artístico galego, Xúlio Abonjo e Isabel Risco, xuntan as súas forzas na comedia Estás aí?, que a compañía Redrum Teatro porá en escena este venres 2 de novembro, a partir das 23.59 horas, no Teatro Principal de Pontevedra.
Dirixida por Alex Sampayo, esta obra forma forma parte do programa Ponteatro e concretamente dos coñecidos como 'Venres Golfos'.
En Estás aí?, o público coñecerá a unha parella que acaba de mudarse coa idea de comezar a vivir xuntos. O apartamento é pequeno e incómodo, reina o caos, as caixas de mudanza abarrotan o lugar, hai problemas coa calefacción e cos veciños do andar de abaixo.
Pero isto é nada comparado co que atopan no que eles supoñen o seu novo fogar: a vivenda conta coa presenza dun home invisible. Aínda por riba, este, algo intratable polo seu carácter, non acepta de moi boa maneira a chegada da nova parella.
As entradas para este espectáculo están á venda en Ticketea por oito euros.