Aprazan unha semana o espectáculo 'Noites de Retranca' pola enfermidade de Luis Zahera
Por Redacción
O espectáculo de humor Noites de Retranca previsto para este venres 8 de febreiro en Pontevedra cos cómicos David Perdomo, Luís Zahera e Oswaldo Digón tivo que suspenderse debido a un problema temporal de saúde dun dos actores
En concreto, débese á enfermidade de Luís Zahera, gañador do Goya ao mellor actor de repartición por El Reino na última edición dos premios do cinema español.
A nova data será o sábado 16 de febreiro, á mesma hora, as 21.00 horas, na sede Afundación de Pontevedra e desde a entidade están a informar a todos os espectadores que compraran entradas para o espectáculo que os tickets xa adquiridos continúan sendo válidos para a nova función.
Aquelas persoas que posúan entradas, pero non poidan asistir á nova data, contan coa posibilidade de solicitar a devolución do importe das mesmas.
Noites de Retranca é o espectáculo galego máis visto da historia, con máis de 40.000 espectadores. É o primeiro show no que están os tres artistas compartindo un mesmo escenario.