Cando as palabras rematan agroma a música das bandas
Por Diego Torrado & Redacción
Dentro do ciclo Son na Rúa, a Banda de Música de Pontevedra ofrecía na tarde noite deste xoves un concerto na praza do Teucro en colaboración coa Unidade de Música da Escola Naval Militar de Marín.
Baixo o título de 'Cando as palabras rematan', os músicos de ambas bandas interpretaron a Suite para Orquestra sinfónica 'O Olimpo dos deuses', do compositor Ócar Navarro.
Baixo a dirección de Juan Luis Costas Martínez e Rafa Agulló, as dúas agrupacións ofreceron a súa versión das dez pezas que integran a suite coa colaboración da actriz Cristina Collazo como narradora.
A próxima actuación prevista da Banda de Música de Pontevedra será o 4 de xullo ás 21.00 horas, tamén na Praza do Teucro co Obradoiro de Herdanzas, un concerto en colaboración coa Banda de gaitas Xarabal.