Gran acollida do concerto de Aitana en Sanxenxo
Por Redacción
O concerto de Aitana tivo unha gran acollida este sábado en Sanxenxo ocupando todas as localidades dispoñibles do Festival Maestral.
Desde as 19:30, hora na que se abriron as portas, o torrente de fans incondicionais non cesou ata o comezo do concerto.
Aitana asegurou estar "feliz por poder estar otra vez en Galicia". O seu concerto fixo as delicias dos máis afeccionados. Cancións como "Teléfono", "Vas a quedarte" ou "Lo malo", que puxo un broche de ouro á velada, mantiveron ao público bailando nunha noite na que acompañou o tempo.
Agora o festival prepárase para a súa segunda cita, esta vez con Hombres G. Coa previsión de encher o aforo, os veteranos da música española presentarán o seu último disco "Resurrección".