O dúo Oradaladou homenaxeará a Antón Fraguas en Barro
Por Redacción
O dueto Oradaladou, formado por Sonsoles Penadique (acordeón diatónico y voz) e Carlos Quintá (violín y voz), actuará o mércores 18 de setembro ás 12:00 horas na Nave da Música no Concello de Barro para homenaxear ao etnógrafo natural de Cotobade, Antón Fraguas.
Durante a actuación, serán interpretadas as 13 pezas que compoñen o seu disco 'Cantigueiro de Cotobade', composto a partir das cantigas recollidas polo autor homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas. Á súa vez, estes 13 temas levan o título das 13 parroquias que compoñen o antigo concello de Cotobade.
Debido ao alto compoñente didáctico que posúe o concerto, o alumnado do CEIP Amor Ruibal acudirá para inaugurar o curso escolar e coñecer a figura de Antón Fraguas a través da música.