Escuchando Elefantes volve a Pontevedra tras o seu accidente e actuará na Sala Karma
Por Redacción
A banda galega Escuchando Elefantes regresa a Pontevedra. Farao este venres 4 de outubro para actuar na Sala Karma. Este concerto forma parte da xira que emprenderon para agradeceren o apoio recibido tras o accidente de tráfico que lles obrigou a paralizar a súa actividade durante un ano.
En decembro de 2017 dirixíanse ao Reino Unido para comezar a xira europea de Hope, o seu último traballo. No norte de Francia sufriron un accidente de tráfico coa súa furgoneta perdendo o control do vehículo. Envorcaron debido ao xeo que había na estrada.
Durante o proceso de recuperación os compoñentes da banda tiveron que enfrontarse a máis dificultades. Silvia Rábade necesitou unha intervención cirúrxica e Carlos Tajes sufriu queimaduras de segundo grao en máis do 50% da súa cara tras unha explosión.
Agora regresan con forza tras recuperarse. Nesta nova xira, Escuchando Elefantes repasará os principais éxitos da súa discografía, que conta xa con tres álbums de estudo, cun directo que aposta por unha complicidade absoluta co público grazas á proximidade e entrega que lles caracteriza.
No concerto de Pontevedra, ademais, Escuchando Elefantes tamén compartirá co público o material no que están a traballar e que formará parte do seu próximo álbum.
As entradas están xa á venda a través da plataforma Eventbrite.