O músico pontevedrés Ángel Paz presenta o seu novo videoclip 'Cicatrices'
Por Redacción
O músico pontevedrés Ángel Paz presenta un novo videoclip do seu tema 'Cicatrices'. Este traballo está protagonizado pola bailarina Nana Rivadulla e polo grupo de baile Aqvelarre.
A canción describe unha historia real na que se producía maltrato psicolóxico. Esa situación de abuso rematou por provocar na muller a enfermidade da fibromialxia.
Ángel Paz quere con este traballo poñer de relieve situacións que non se denuncian nas que as mulleres sofren situacións de desigualdade en silencio.
O vídeo está elaborado por Pablo Lubiáns e producido por Ángel Caramés. Pode verse neste enlace de Youtube: https://youtu.be/7SB5miY3s4M
Relacionadas:
-
"Os síntomas que teñen os enfermos de covid persistente son os mesmos que sufrimos nós desde hai anos"
Por María José Pita |
-
Ángel Paz presenta o rock feminista de 'Rostros invisibles' ante o público pontevedrés
Por Marisa Ciordia & Mónica Patxot |
-
RADIO.- A playlist de... Ángel Paz. Hai un rock feminista e faino un pontevedrés
Por Mónica Patxot & Marisa Ciordia |