
© Alumnado de Galego da Escola oficial de Idiomas de Pontevedra
A Sala Castelao do Museo xa conta cunha guía didáctica, elaborada polo alumnado de Galego da Escola de Idiomas

Por Redacción
Xa se atopa impresa a Guía da Sala Castelao do Museo de Pontevedra, unha publicación que elaborou o alumnado de Galego da Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Pontevedra. Este traballo permite, a través de 16 capítulos ordenados, cubrir un oco existente ata o dagora para observar con datos as obras da sala do artista e intelectual máis relevante de Galicia.
Ademais tamén está dispoñible a través da Rede nunha páxina web e nunha aplicación para que as persoas que visitan a exposición poidan consultar in situ a través dos dispositivos móbiles datos sobre a figura de Alfonso R. Castelao e sobre os seus traballos artísticos e literarios. A ligazón para a súa consulta é https://guiacastelao.home.blog/
Esta publicación agroma dun traballo colectivo relacionado coa lingua e a cultura galega que se desenvolveu no departamento de Galego na EOI, que xestiona Carlos Yus. Unha vez documentado e analizado o material co visto bo de especialistas en Castelao, decidiron que se plasmase nunha ferramenta para divulgar de maneira didáctica elementos relacionados cos escritos, obxectos e pinturas do autor de Rianxo.
Na presentación da guía realizábase unha performance interpretada pola Aula de Teatro Municipal Xuvenil de Pontevedra, que dirixe Migallas Teatro.
Relacionadas:
-
A guía da Sala Castelao do Museo actualízase con máis de 360 ligazóns
Por Redacción |
-
Representantes do Museo de Pontevedra viaxan a Barcelona en busca de ideas para o edificio de Arqueoloxía de Valdecorvos
Por Redacción |
-
O Castelao más comprometido, nunha nova edición dos álbums da guerra
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
"Coa recepción do 'Álbum Nós' complétase o ciclo Castelao non só no Museo de Pontevedra, senón en termos absolutos"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |