Marcel Gross transforma o Principal nun pequeno universo de letras vogais
Un presentador impresentable, un mimo falante, un concertista desconcertante, un ilusionista desilusionado, un oriental desorientado e un astronauta desorbitado asistiron como convidados este domingo ao Teatro Principal de Pontevedra e alí atoparon un público entregado que gozou ao máximo do universo de letras que lle ofreceron.
Ocorreu con motivo das dúas funcións programadas no ciclo Domingos do Principal, o festival de artes escénicas para toda a familia que este ano está a celebrar a súa XXI edición.
Este domingo foi a quenda dun espectáculo de clown, Universario de Marcel Gross, que nas sesións de mañá e tarde transportou aos espectadores a un pequeno universo de letras vogais que se transforman en edificios e paisaxes.
Marcel brincou coas palabras e os obxectos e transformou a realidade a base de risa e imaxinación. O público, respondeulle con risas e aplausos.
O festival continuará o próximo domingo 16 de febreiro con Alicia y las ciudades invisibles de Onírica Mecánica (Cartagena), un espectáculo de teatro visual, obxectos e tecnoloxía.
As entradas soltas a un prezo de 4 euros e os abonos matinais ou de tarde para todo o ciclo a un prezo de 21 euros están dispoñibles a través de Ataquilla.com ou a da súa billeteira telefónica. As entradas por espectáculo están tamén á venda na Casa da Luz.
Espectáculo de clown 'Universario', de Marcel Gross
Un presentador impresentable, un mimo falante, un concertista desconcertante, un ilusionista desilusionado, un oriental desorientado e un astronauta desorbitado asistiron como convidados aos Domingos do Principal, como parte do espectáculo de clown Universario de Marcel Gross
© Diego Torrado
Relacionadas:
-
Dez semanas de teatro infantil sen interrupción nun Domingos do Principal que irá adaptando as butacas á pandemia
Por Natalia Puga |
-
Alicia cambia o país das marabillas por cidades invisibles nos Domingos do Principal
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
'Nómades' protagoniza a primeira xornada de febreiro en Domingos do Principal
Por Redacción & Diego Torrado |
-
E o público infantil fíxose máis pequeno para viaxar ao centro do corpo humano
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
Regresan os Domingos do Principal con 7 espectáculos de clown, teatro, música e monicreques
Por Oskar Viéitez |