Alice Wonder presenta o seu primeiro traballo este venres en Sala Karma
Por Redacción
Alice Wonder desembarca este venres na Sala Karma de Pontevedra para presentar FireKid, o seu álbum debut, a partir das 21.30 horas.
Armada con guitarra e piano, Wonder é unha nova artista que está a poñer voz a unha xeración nova, cargada de talento e disposta comerse o mundo. O seu primeiro traballo, que a levará por escenarios de toda España, nace da influencia dos seus amigos e as súas propias experiencias.
Na sala pontevedresa, o público terá a oportunidade de deleitarse coas notas musicais dun estilo pouco habitual pero pensado para todos os gustos.
"FireKid é como o lume que fai explotar o talento que cada un garda no seu interior ata que logra incendiarse e descubrirse #ante os demais. FireKid es ti, son eu, o somos todos", di a cantante sobre o seu primeiro disco.