Os cinemas súmanse á fervenza de peches de locais de lecer de Pontevedra
Por Natalia Puga
Desde este venres e ata novo aviso, as salas de cinema Cinexpo situadas no centro Vialia de Pontevedra permanecerán pechadas. Así o anunciou a empresa Galicine, que xestiona os cinemas pontevedreses.
Con esta decisión, o cinema súmase á fervenza de peches de establecementos abertos ao público e dedicados ao lecer na cidade, para exercer un exercicio de responsabilidade e "actuar en consecuencia polo ben común".
A empresa explicou que os cinemas permanecerán pechados ata novo aviso "para garantir a vosa seguridade e benestar" e que se chegou a tomar esta medida tras o anuncio do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, de que se decretará este sábado o estado de alarma en toda España.
Todos aqueles clientes que xa comprasen entradas por anticipado recibirán a devolución íntegra do importe abonado.
⚠Comunicado cierre de salas⚠
— Galicine (@galicine) March 13, 2020
Os informamos de que, desde hoy, nuestros cines permanecerán cerrados hasta nuevo aviso para garantizar vuestra seguridad y bienestar.
Hasta entonces, quedamos a vuestra entera disposición a través de "contactos" de https://t.co/icWwdpm8vl pic.twitter.com/mOtt3SLhu6
Relacionadas:
-
'El escándalo' da Fox News e dous elfos adolescentes queren chegar ao cine de Seixo esta fin de semana
Por Mónica Patxot & Marisa Ciordia |
-
Os ximnasios tamén pechan debido ao avance do coronavirus
Por Redacción |
-
Decretado o estado de alarma en toda España para frear o coronavirus
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Núñez Feijóo abre a porta a suspender as eleccións galegas: "Son absolutamente secundarias"
Por Alejandro Espiño |
-
Educación suspende as clases en Galicia polo coronavirus
Por Alejandro Espiño & Natalia Puga | Creada e actualizada