VÍDEO.- Así soa o 'Blue Album' de Weezer reinterpretado por nenos e nenas de Pontevedra
Por Alejandro Espiño
Como cada ano, os pequenos artistas da Escola Bonobo reinterpretan clásicos da historia do rock. Tras versionar a grandes bandas como Radiohead ou Red Hot Chili Peppers, os elixidos nesta ocasión foron os estadounidenses Weezer.
Corenta nenos e nenas que reciben formación musical nesta escola pontevedresa metéronse no estudo para reinterpretar os temas incluídos nun dos discos máis aclamados e coñecidos da banda, o Blue Album editado en 1994.
Así, artistas de entre 6 e 18 anos, acompañados dos seus profesores, interpretaron cancións tan coñecidas como Buddy Holly, Undone ou Say It Ain't So.
Foi todo un reto para eles, destacan desde a Escola Bonobo, sobre todo porque todas estas versións foron gravadas en rigoroso directo a unha toma e en plano secuencia, sen realizar ningún tipo de corte nas gravacións.
Os monitores dos alumnos sinalaron que "é unha aposta nada sinxela que tenta romper co vello estereotipo de que as bandas de punk rock non saben tocar" e demostrarlles o gran reto que supón unir a unha banda de dúas guitarras, baixo e batería.
Todas as versións deste álbum de Weezer pódense ver nas redes sociais da Escola Bonobo, entre elas a súa canle de Youtube ou a súa páxina de Facebook.
Relacionadas:
-
O pontevedrés Julio Novoa presenta 'Círculo y esquina', o primeiro single do seu proxecto artístico 'Espelita'
Por Anxo Lourido |
-
Estudio Bonobo crea unha versión xuvenil dos Pixies para reinterpretar "Doolittle" en directo
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
RADIO.- Violeta Mosquera: unha 'Playlist' en feminino coa pregoeira das festas da Peregrina
Por Cristina Saiz & Marisa Ciordia |
-
A rapazada máis artística interésase polas actividades de Vaipolorío no Gafos
Por Redacción |
-
A rapazada toma o control na primeira xornada do Surfing the Lérez
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |