O pontevedrés Julio Novoa presenta 'Círculo y esquina', o primeiro single do seu proxecto artístico 'Espelita'
Por Anxo Lourido
'Espelita' preséntase como un proxecto ideado polo músico pontevedrés Julio Novoa, que inicia a súa traxectoria musical discográfica na que leva traballando durante tres anos. Esta proposta céntrase en elaborar cancións de maneira artesanal, improvisada e amateur.
Para iniciar este traballo, Julio Novoa realizou pequenas sesións mensuais no Estudo Bonobo onde foi xestando a idea dun proxecto denominado 'Volver a casa', unha fórmula creativa dividida en tres partes: con dous Ep's, de catro cancións cada un e un Lp, con dez cancións que leva por título 'Rentrée'.
O artista local traballou en colaboración con Gayo, músico que se encargou nas gravacións de achegar os sons de guitarra, baixo, mandolina, sintetizadores, melódica e metalófono, entre outras colaboracións.
'Espelita' busca explorar a pausa para romper coas rutinas diarias e xerar ilusións a través das emocións que se reflicten nos temas destes traballos, que se irán presentando ao longo dos próximos meses.
As cancións están escritas por Julio Novoa, salvo tres das recollidas no álbum, creadas coa colaboración de Lucía Viéitez.
O seu primeiro single leva por título 'Círculo y esquina', que forma parte da súa Ep 'Uno', que sairá publicado este martes 25 de xullo. En setembro será cando se publique o adianto do seu Lp 'Rentrèe', que terá continuidade en outubro con 'Final', o seu segundo Ep.
Relacionadas:
-
RADIO.- Espelita prepara a presentación en directo do seu debut musical, 'Rentrèe'
Por Marisa Ciordia |
-
Música e memoria histórica van da man a través de vinte estudantes
Por Redacción |
-
Estudio Bonobo crea unha versión xuvenil dos Pixies para reinterpretar "Doolittle" en directo
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
VÍDEO.- Así soa o 'Blue Album' de Weezer reinterpretado por nenos e nenas de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |