Lingua e maxia visual nas Festas
Por Cristina Saiz & Redacción
Este venres finalizaba o ciclo de Pontevedra Máxica, a través do que durante os últimos días puideron verse algúns dos mellores meigos de Galicia. A última sesión correu a cargo do ilusionista Martín Camiña, que ofreceu 'Linguado País', un espectáculo que combina maxia e lingua para fomentar a utilización do galego en todos os ámbitos da vida.
Trátase dun espectáculo cheo de sorpresas no que se utilizan todo tipo de elementos para crear un universo estimulante, que divertiu ao público que ocupou os asentos da praza da Pedreira.
Outro tipo de elementos empregaron para fomentar o uso da lingua galega o contador de historias Quico Cadaval e o ilustrador Kiko da Silva nos Xardíns de María Vitoria Moreno. Mentres o narrador relataba sórdidas historias de espectros e portas do inferno, o debuxante sincronizaba as súas ferramentas para ofrecer a versión visual das historias a través dunha gran pantalla.
Relacionadas:
-
Arte urbana e música tradicional para pechar as festas de verán en Pontevedra
Por Redacción |
-
Rosa Cedrón Dúo, The Lakazáns e Os Carunchos porán fin este domingo aos concertos das Festas da Peregrina
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Última fin de semana para gozar dunhas intensas pero contidas festas da Peregrina
Por Redacción |
-
A Pontevedra máis máxica convence a público de todas as idades
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
A maxia continúa na Pedreira: de Pedro Volta ao Mago Teto
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Maxia, música, teatro, arte... e moito máis para que os máis pequenos tamén vivan as festas da Peregrina
Por Redacción & Cristina Saiz |