Fin de semana cultural para celebrar o décimo aniversario do Centro Xaime Illa de Raxó
Por Redacción
O centro cultural Xaime Illa de Raxó cumpre dez anos e para celebrar esta data tan especial o Concello de Poio ten planificada unha ampla programación. A concelleira de Cultura, Raquel Rodríguez, deu a coñecer este xoves os actos do programa dunhas instalacións inauguradas no 2010 colmando "unha demanda histórica dá veciñanza".
As actividades planeadas polo goberno local levarán acabo entre o 22 e 24 de agosto e inclúen un acto institucional o sábado ás 20.30 horas seguido da inauguración da exposición Transitar a ruína, de Neves Seara. Ademais, esta escritora, artista plástica e xestora cultural afincada en San Salvador deseñou tamén unha instalación artística inspirada na obra da combarresa Tamara Andrés, Bosque Vermello.
Ao mesmo tempo, o gañador en diversas ocasións do certame cultural Xaime Illa, Adrián Besada, poñerá a nota poética á velada cun recital de poesía. A xornada concluirá cun concerto a cargo de The Jezz Trío que ten previsto o seu comezo ás 21 horas.
Ao día seguinte, está programada unha sesión de contacontos de temática mariñeira a cargo de Quico Cadaval e Bea Campos. O luns ás 20.30 horas, unha funcion de teatro musical infantil, As Armadanzas, poñerá o punto e final á programación.
O acceso será gratuíto ata completar un aforo limitado polas medidas de seguridade para previr contagios por coronavirus.
Dez anos despois da súa inauguración, o Centro Cultural Xaime Illa segue prestando servizo a diferentes colectivos e serve ademais como sede para a celebración de variados actos e iniciativas. No seu discurso, a concelleira Raquel Rodríguez fixo tabién fincapé en valorar a figura de Xaime Illa Couto, confundador da editorial Galaxia, creador revístaa Graal, membro da Real Academia Galega, merecedor da medalla Castelao e veciño de Raxó.
Relacionadas:
-
O Centro Cultural Xaime Illa celebra o seu décimo aniversario
Por Redacción |
-
'Reinicia o verán' leva máis dun cento de actividades por todo o municipio de Poio ata finais de setembro
Por Redacción |
-
Un curso en Raxó analizará a volta á actividade do sector turístico
Por Redacción |
-
Raxó acolle a presentación do proxecto 'Rías de vida'
Por Oskar Viéitez |