O ciclo 'Cultura no Camiño+' leva 17 actuacións a Vilanova, O Grove, Sanxenxo, Portas, Meaño e Caldas
Por Redacción
Os concellos de Vilanova de Arousa, O Grove, Sanxenxo, Portas, Meaño, Catoira e Caldas de Reis acollerán nos vindeiros días 17 propostas culturais dentro do ciclo 'Cultura no Camiño+'.
Grazas a estas axudas, Vilanova de Arousa ofrecerá un espectáculo de maxia o sábado 29 da man de Barafunda a partir das 20,00 horas no Xardín Umbrío.
No Grove, ao día seguinte, representarase a obra O secuestro da bibliotecaria na praza do Corgo ás 21,00 horas .A Casa da Cultura da localidade tamén acollerá outras seis propostas culturais, todas elas ás 11,30 horas: o día 31 a obra de teatro Protexendo o camiño, o día 1 de setembro o espectáculo de maxia do Mago Paco, o día 2 a obra Cocer e cantar, o 3 o espectáculo de maxia Hocus Pocus do Mago Paco, o día 4 un evento de novo circo da man de Barafunda e o día 24 (neste caso ás 11,00 horas) a obra de teatro Que morro!!!.
Portas tamén se suma a 'Cultura no Camiño+' coa obra de teatro Saaabor! o día 30 de agosto ás 20,00 horas no recinto da Azucreira, e co concerto de Pelepau no auditorio da Azucreira o 4 de setembro ás 21,30 horas
Meaño contará co espectáculo de novo circo Máis alto aínda o 29 de agosto ás 21,00 horas na praza do Concello. Nese mesmo lugar o día 5 de setembro desenvolverase o espectáculo de maxia de Dani García ás 21,00 horas e a obra de teatro Monstros no camiño o día 11 ás 20,30 horas
En Caldas de Reis o 6 de setembro haberá un concerto de Xoan Curiel no patio cuberto do colexio San Fermín, e en Catoira o día 27 ás 18,30 horas haberá maxia da man do Mago Paco no auditorio municipal.
Xa en outubro, Sanxenxo ten programado un concerto de Quinteto Invento o día 2 ás 20,30 horas e a obra de teatro Contos nas orellas o día 10 ás 18,00 horas.
Este ciclo está impulsado pola Xunta de Galicia e ata o 15 de outubro celebra a súa oitava edición nunha versión ampliada que estende a súa programación a preto de 150 concellos de toda Galicia, 37 deles na provincia de Pontevedra, no marco do plan autonómico de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos da Covid-19.