Cultura Quente bota o peche na Carballeira de Caldas cun concerto de música clásica
Por Redacción
O concerto da sección de percusión da Orquestra Clásica de Vigo, organizado no marco do ciclo Música no Ar da Deputación de Pontevedra, serviu para poñer o broche de ouro ao programa de Cultura Quente 2020 na Carballeira de Caldas.
Aprazada no mes de agosto polo mal tempo, a actuación gozou dunha magnífica resposta por parte do público que acudiu ao evento respectando todas as medidas de seguridade pola Covid-19.
Este ciclo musical pretende facer viaxar aos asistentes a mundos imaxinarios a través de espectáculos en lugares tan emblemáticos e idílicos como a Carballeira de Caldas.
A pesar da clausura de Cultura Quente, a programación cultural continúa en Caldas co espectáculo musical infantil e familiar A Casa do Terror, de Xoán Curiel e a Banda do Verán que se representará o domingo ás 18.30 horas no patio do colexio San Fermín con entrada gratuíta.
Enmarcado no programa Cultura no Camiño, da Agadic, a obra está a cultivar excelentes críticas tanto da prensa especializada como do público. Trátase dun espectáculo moi participatico con cancións, bailes, elementos teatrais, clown e unha boa dose de interacción co público.
A Casa do Terror conta a aventura dun grupo de amigos que ven obrigados a durmir nunha casa encantada e viven episodios divertidos e terroríficos.
Relacionadas:
-
Caldas fai balance dun Cultura Quente marcado pola pandemia
Por Redacción |
-
Meraki abre a última semana de Cultura Quente e Igloo pechará o festival
Por Redacción |
-
Caldas reforza o cartel dunha nova semana de "Cultura Quente" que coincide coas festas patronais
Por Redacción |
-
Cuarta semana do Cultura Quente en Caldas, coa música de Froján e Las Varas e arte na rúa con Kaldarte
Por Redacción |
-
Máis de 100 artistas e 20 agrupacións locais pasarán en agosto polo Cultura Quente 2020
Por Redacción |
-
A Tafona de Caldas de Reis colle esta semana o relevo como emprazamento das propostas do 'Cultura Quente'
Por Redacción |