A proxección de "Lúa Vermella" protagonista da xornada inaugural de Novos Cinemas
Por Redacción
Este martes comeza Novos Cinemas, o Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, que na súa quinta edición se desenvolverá ata o próximo domingo 20 de decembro nun formato híbrido: presencial na cidade de Pontevedra e online a través da plataforma Filmin.
Como cada ano, a xornada inaugural comezará coa proxección das creacións realizadas no obradoiro "O ceo a medio facer. O cinema en primeira persoa", realizadas por alumnado da Universidade de Vigo e titorizadas polo cineasta Eloy Domínguez Serén.
Así, o Teatro Principal acollerá ás 16.30 horas a proxección destas oito obras creadas por Noemi Parga, Paula Tarrío, Juan Ares, Yuri Salgado, Daniel Vidal, Tamara Goberna, Bea Pérez Fernandes, Raquel Álvarez e Valeria Martínez Lojo.
A inauguración oficial desta edición do festival terá lugar ás 20.00 horas tamén no Teatro Principal coa proxección de "Lúa Vermella", a segunda longametraxe de Lois Patiño, tras sete anos da súa ópera prima, "Costa da Morte".
As entradas para asistir tanto á sesión inaugural como á proxección das pezas xurdidas do taller son gratuítas, previa retirada de convite no Teatro Principal a partir de dúas horas antes do inicio de cada unha das sesións, tamén con peche de despacho de billetes unha hora antes do comezo do acto.
Spot Novos Cinemas 05 from Novos Cinemas on Vimeo.
Relacionadas:
-
Premio Novos Cinemas á mellor longametraxe a "Il n'y aura plus de nuit", de Eléonore Weber
Por Cristina Saiz |
-
Nuria Giménez protagoniza este venres o segundo encontro de Novos Cinemas
Por Redacción |
-
As primeiras imaxes de "Welcome to ma maison", en exclusiva para Novos Cinemas
Por Redacción |
-
Novos Cinemas inicia a súa quinta edición coa 'Lúa vermella'
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
O Festival Novos Cinemas 05 preséntase cun formato adaptado que poderá seguirse a través da plataforma Filmin
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Nove películas competirán na sección oficial da quinta edición de Novos Cinemas
Por Alejandro Espiño |
-
Estes son os cinco proxectos que forman parte do LAB de Novos Cinemas
Por Redacción |