Estes son os cinco proxectos que forman parte do LAB de Novos Cinemas
Por Redacción
A quinta edición de Novos Cinemas, o Festival Internacional de Cine de Pontevedra, que se celebrará entre o 15 e o 20 de decembro, fixo públicos este venres os nomes dos proxectos escollidos para formar parte do #LAB, o seu espazo de asesoramento.
Se trata de cinco traballos que estarán asesorados por un comité formado por Isona Admetla, coordinadora do fondo para a cinematografía Berlinale-World Cinema Fund; Sergi Moreno, produtor executivo en Lastor Media; Silvia Lobo, responsable de distribución de Elamedia Estudios; e Pepe Coira, guionista, director de desenvolvemento e produtor executivo para diversas compañías.
A través do LAB, o festival promove o desenvolvemento de proxectos cinematográficos internacionais mediante o encontro entre cineastas noveis e profesionais de recoñecida traxectoria e sensibilidade cara a propostas de natureza independente.
Nesta edición, as longametraxes que participarán no festival son: 'La cara del Sol' ('Le Visage du Soleil), de Cristóbal Álvarez (Francia, España, México, Marrocos); 'El mal del siglo', de Nicolás Suárez (Arxentina, en desenvolvemento); 'Patarinos', de Zeltia Outeiriño (España, en desenvolvemento e pre-produción); 'A Song That Slays', de Mo Scarpelli (Italia, Kenia, en tratamiento de guión) e, por último, 'Vin a noite que nunca se acaba', de Helena Santín (España, en desenvolvemento).
#Encontros: Andrés Goteira e Nuria Giménez
Máis aló da descuberta e a promoción de novos cineastas e novos filmes, Novos Cinemas tamén aspira a ser un espazo de intercambio de ideas e conversa permanente; un foro que fomente e estimule o diálogo entre os diferentes axentes implicados no eido cinematográfico e no que se poidan intercambiar experiencias e reflexionar sobre o estado e o futuro do cinema.
Nesta quinta edición do festival, os #Encontros achegaranos aos procesos de traballo de dous cineastas. Por unha banda, coñecerase o próximo proxecto dun dos cineastas galegos que máis expectativas esperta, Andrés Goteira, que amosará as primeiras imaxes do seu próximo filme Welcome To Ma Maison. Pola outra, matendrase un distendido faladoiro sobre o cinema de arquivo coa cineasta Nuria Giménez, autora de My Mexican Bretzel, filme que clausurará este Novos Cinemas. Ademais, o festival contará tamén cunha mesa sectorial na que participarán socios de PROXECTA e de CREA.
Relacionadas:
-
Novos Cinemas inicia a súa quinta edición coa 'Lúa vermella'
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
A proxección de "Lúa Vermella" protagonista da xornada inaugural de Novos Cinemas
Por Redacción |
-
O Festival Novos Cinemas 05 preséntase cun formato adaptado que poderá seguirse a través da plataforma Filmin
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Nove películas competirán na sección oficial da quinta edición de Novos Cinemas
Por Alejandro Espiño |
-
Catro películas inéditas en Galicia competirán na sección Latexos de Novos Cinemas
Por Redacción |
-
Novos Cinemas daralle ao cineasta Luis López Carrasco o seu primeiro recoñecemento en solitario
Por Redacción |
-
Esdemga e o Lérez protagonizan a curta 'Hydra', seleccionada nun festival internacional
Por Oskar Viéitez |
-
O festival Novos Cinemas dá protagonismo e voz propia ao alumnado do campus
Por Redacción |