Pontevedra, capital da música en galego co Galegote Rock
Por Redacción & Cristina Saiz
Pontevedra volve ser a capital da música en galego. Desde a tarde do venres, e durante toda a fin de semana, os acordes enchen a contorna da Alameda da man do Galegote Rock, un festival que o ano pasado tivo que suspenderse pola pandemia da covid-19 e que agora retornou con máis ganas ca nunca e marcado polas restricións.
Público sentado, rexistro de asistencia obrigatorio, máscara e distancia de seguridade marcan a edición 2021, na que se recuperou boa parte do cartel que tivera que adiarse en 2020.
O mellor do panorama musical en galego inunda desde a tarde do venres dous escenarios, o Palco da Música da Alameda e as inmediacións das escaleiras das Palmeiras, no coñecido como paseo Rosalía de Castro
Tras a sesión inaugural do venres, este sábado o público puido gozar da música de Arturo Delgado, Peña, Zeltia Irevire, Noiteaka + 2Pasos, O Cadelo Lunático e Lume.
Este domingo 30 de maio a xornada comezou ás 13.00 horas co concerto de Pauliña no palco da Alameda e A Rabela nas escaleiras das Palmeiras e seguirá pola tarde cun dos pratos fortes da actividade, Los Rastreadores, ademais das propostas innovadoras de Laura Lamontagne & Pico Amperio e a actuación de Desjobernaos.
- 19:30 horas. Escaleiras das Palmeiras: Desjobernaos
- 20:30 horas. Palco da Alameda: Los Rastreadores
- 22:00 horas. Escaleiras das Palmeiras: Laura Lamontagne & Pico Amperio
Relacionadas:
-
O grupo pontevedrés Peña, finalista do Concurso Narf de música na Coruña
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
RADIO.- As "pequenas cousas" de Peña interprétanse no Galegote e están en 'A playlist'
Por Mónica Patxot & Marisa Ciordia |
-
Comeza unha fin de semana coa música galega inundando a contorna da Alameda no Galegote Rock
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Tres días de Galegote Rock para gozar en Pontevedra das novas tendencias da música en galego
Por Alejandro Espiño |