O SonRías Baixas 2021 vive o seu momento álxido co rap de Kase.O e SonDaRúa
Por Redacción
O Festival SonRías Baixas 2021 encara a súa recta final en Bueu despois de vivir e gozar o sábado cun dos seus momentos máis esperados, o concerto do rapeiro Kase.O e da banda galega SonDaRúa.
Era a xornada grande do festival, como demostraba o feito de que as entradas se tiñan esgotado dous meses atrás, e o público do Recinto Multiusos da Estacada gozou como nas súas mellores noites, a pesar de contar con aforo reducido e sentado para cumprir o protocolo de prevención contra a covid.
Os primeiros en subir ao escenario foron SonDaRúa, unha das agrupacións de maior proxección do panorama galego tirando de ironía e tradición dentro dun hip-hop reivindicativo, todo coas voces de Hugo Guezeta e Álex Arnoso e con That Bass como DJ.
Despois chegáballe a quenda ao rapeiro Kase.O, fundador do grupo Violadores del Verso e que celebra este ano o décimo aniversario do seu proxecto en solitario Jazz Magnetism.
Tras o subidón do penúltimo día do SonRías Baixas, o festival despídese este domingo con outro 'sold out', da man de Muerdo e La Pegatina.
Relacionadas:
-
Tu Otra Bonita e Ciudad Jara moven o público do Sonrías Baixas en Bueu
Por Redacción |
-
Comezou o SonRías Baixas, que este mércores acolle a Tu Otra Bonita e Ciudad Jara
Por Redacción |
-
Seis xornadas de música para un SonRías Baixas que se reivindica como cita indispensable do verán
Por Redacción |
-
Os Rías Baixas Fest pasan ao formato audiovisual para combater as violencias machistas
Por Natalia Puga |
-
Kase.O, La Pegatina, Sés ou La M.O.D.A., nun SonRías Baixas que volve do 3 ao 8 de agosto
Por Alejandro Espiño |