O Museo celebra o Día Europeo da arte Rupestre con charlas e obradoiros temáticos
Por Redacción
O Museo de Pontevedra vai celebrar o Día Europeo da Arte Rupestre cunha programación organizada para poñer de relevo a importancia cultural, artística e turística da arte prehistórica de toda a xeografía europea e que conta con numerosos exemplos no caso galego.
A Cova de Eirós e o Castro de Formigueiros, de feito, serán dous dos eixos nos que se centrarán as actividades, destinadas tanto a público xeral como familiar, os vindeiros venres 8 e sábado 9 de outubro.
A primeira iniciativa será no Edificio Castelao, que acollerá o venres 8, ás 19.30 horas, unha charla divulgativa a cargo do catedrático de Prehistoria da USC Ramón Fábregas titulada ‘Cova Eirós e as súas manifestacións artísticas’.
O sábado, día 9, as actividades centraranse no taller ‘Unha mirada ao pasado, viaxando pola prehistoria de Galicia’ que se desenvolverán ás 12 e ás 17 horas.
Ao longo dunha hora, as persoas participantes asistirán a unha pequena introdución teórica que lles permitirá obter unha visión diacrónica da arte rupestre prehistórica galega, a través dunha exposición que irá desde os gravados e pinturas dos dolmens ata os da época castrexa, facendo fincapé nos atopados no castro de Formigueiros.
O apartado práctico desta proposta virará ao redor dos petróglifos da Idade do Bronce e das pinturas, tanto megalíticas como ás novas aparicións en lugares como Casaio, Penedo Gordo ou Lobarzán. As familias inscritas nesta acción terán a oportunidade de coñecer técnicas, temas, ferramentas, pigmentos e aglutinantes cos que plasmarán un motivo prehistórico real utilizando un calco sobre unha bolsa de tea de algodón que poderán levar.
É necesario inscribirse previamente enviando un correo electrónico a reservas.museo@depo.gal.
Relacionadas:
-
Unha mostra de arte rupestre do Museo Arqueolóxico Nacional recala en Pontevedra
Por Redacción |
-
O director do Museo de Pontevedra, asesor en Finlandia sobre arte rupestre
Por Redacción |
-
Avogan por incorporar a perspectiva de xénero ao falar das persoas creadoras da primeira arte da humanidade
Por Redacción |
-
Acondicionan varias estacións rupestres de petróglifos en Campo Lameiro e Cotobade
Por Oskar Viéitez |
-
O mellor setembro da última década no Museo de Pontevedra, con picos de 1.300 visitas diarias
Por Redacción |
-
O Museo de Pontevedra convoca unha segunda rolda dos seus talleres sobre arte rupestre
Por Redacción |
-
Monte Pituco pide ao Concello de Marín que recupere a figura e o legado do mestre Carlos Paratcha
Por Redacción |
-
O Museo de Pontevedra é xa oficialmente parte da rede europea de camiños de arte rupestre prehistórica
Por Redacción |