O Náutico de San Vicente e a sala Krazzy Kray de Cambados acollen concertos do programa 'Música en Salas'
Por Redacción
A sala Krazzy Kray de Cambados e o Náutico de San Vicente, en O Grove, acolleran os próximos concertos do programa 'Música en salas' promovido pola Xunta de Galicia co fin de impulsar a actividade do sector dos locais de actuacións e a escena musical galega.
A iniciativa xorde en base a un convenio convenio asinado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a Asociación de Salas de Música ao Vivo-Clubtura.
A programación para esta fin de semana na zona comezará coa actuación, no Náutico de San Vicente, de Tomás Porteiro Trío en vindeira sesión vermú. Será o sábado 13 ás 13,30 horas. A banda propón cancións e música que mesturan jazz e folk con sonoridades do rock e ao pop.
O Náutico de San Vicente contará nas seguintes semanas, entre outros, con artistas como Juan Zelada, quen destila soul, blues e funk,ou a banda Blackstereo coas súas versións do mellor soul, rhythm&blues e rock&roll.
Os ritmos máis enérxicos da banda viguesa Moon Cresta soarán no Krazzy Kray de Cambados, tamén este sábado, ás 22,00 horas.
A formación musical viguesa chega co mellor do seu repertorio e forma parte dunha programación para Cambados da que tamén estarán os Youcanthide, froito da unión do rapero Keiko e a banda de guitarras King of the Beach e o seu post-punk de marcado selo rock; ou Su Garrido Pombo, con cancións que cruzan fronteiras musicais como o jazz, a bossa ou o folk.
Tamén pasarán pola sala Krazzy Kray bandas coma Mentah, Señor Salvaje ou Agoraphobia.