As primeiras imaxes de "Matria" de Álvaro Gago veranse en Novos Cinemas
Por Redacción
Matria, a película que prepara Álvaro Gago, será un dos grandes atractivos da sexta edición de Novos Cinemas, que se celebrará en Pontevedra entre os próximos 14 e 19 de decembro.
O realizador vigués amosará nun dos encontros do festival as primeiras imaxes desta película, protagonizada pola actriz María Vázquez e que, en parte, gravouse na cidade de Pontevedra.
Nos encontros de Novos Cinemas tamén participarán tres realizadores cuxos proxectos participaron anteriormente no LAB do festival.
Así, Ángel Filgueira e Silvia Fuentes falarán polo miúdo e exhibirán por primeira vez en Galicia algunhas imaxes do seu esperado filme, Cando toco un animal.
Carlos Martínez-Peñalver compartirá cos asistentes a súa experiencia en terras lusas tras o esperado proceso de postprodución da súa primeira longametraxe, Á procura da estrela.
Pola súa parte, Liliana Torres afondará na xénese da súa segunda longametraxe de ficción, ¿Qúe hicimos mal?, un proxecto rodado entre Galicia, Italia e México.
CATRO PROXECTOS PARA O LAB
Novos Cinemas tamén desvelou os catro proxectos seleccionados para participar na sección LAB, o espazo de asesoramento e diálogo entre cineastas noveis e axentes cualificados e especialmente sensibles a proxectos cinematográficos de natureza independente.
Guajes, de Ana Sierra, amosará sobre como en pleno boom inmobiliario o 40% da poboación xuvenil asturiana abandonou os seus estudos de secundaria para traballar e subirse ao tren da vida dos 2000; e en La adolescencia infinita, de Víctor Soho, un extraterrestre que milenios despois da extinción da raza humana tenta reconstruír a súa historia.
Os outros dous proxectos son Laguna el ministro, de Antonio Llamas e Lucas G. Torralbo, arredor dun ministro que perdeu a fe na política e abandonou o seu cargo sen previo aviso; e Treinta grados de separación, de Paula Pérez López, documental no que, a través de vídeos caseiros rodados durante trinta anos, fai unha autopsia entre o divorcio dos seus pais e a súa propia ruptura amorosa.
Os proxectos estarán titorizados por a directora, guionista e actriz Elena Martín, Isona Admetla, coordinadora do fondo para a cinematografía Berlinale-World Cinema Fund, o montador Ricardo Saraiva e o músico e produtor Xavi Font.
Relacionadas:
-
A Berlinale abre a porta ao cine pontevedrés: "Matria" de Álvaro Gago competirá no festival
Por Alejandro Espiño |
-
Novos Cinemas comeza este martes coa estrea galega da película que recolle a tráxica historia da feminista Hildegart Rodríguez
Por Redacción |
-
Películas que reflicten "a época que estamos vivindo", fío condutor do sexto Novos Cinemas
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Tres películas inéditas en España, entre os trece filmes que competirán en Novos Cinemas
Por Redacción |
-
A cineasta cacereña María Pérez Sanz, protagonista do festival Novos Cinemas
Por Alejandro Espiño |
-
Novos Cinemas 2021 abrirá coa estrea en Galicia de ‘A Virxe Roxa’ de Marcos Nine
Por Redacción |
-
Dez estudantes pontevedreses empezan o camiño para abrir Novos Cinemas
Por Redacción |