Novos Cinemas comeza este martes coa estrea galega da película que recolle a tráxica historia da feminista Hildegart Rodríguez
Por Redacción
Novos Cinemas, o Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, comezará este martes 14 coa estrea en Galicia dunha esperada obra documental, 'A Virxe Roxa', dirixida por Marcos Nine. A película foi presentada na Seminci de Valladolid e chega a Pontevedra como un dos pratos fortes deste festival.
A película narra o caso real da parricida Aurora Rodríguez, que en 1933 mataba a tiros á súa propia filla mentres durmía. Hildegart Rodríguez Carballeira, a filla, estaba considerada unha das feministas máis relevante durante a Segunda República. Esta historia real foi recollida en 'La madre de Frankenstein' pola escritora recentemente desaparecida Almudena Grandes.
'A Virxe Roxa' presentarase ás 20.30 horas no Teatro Principal con entrada libre, previa retirada da invitación. Os director Marcos Nine manterá unha conversación co público asistente. Ao longo do próximos seis días proxectaranse 24 traballos pertencentes a 26 cineastas emerxentes, con 14 mulleres directoras.
A venda anticipada de entradas individuais para as sesións ten un prezo de tres euros e os bonos para todo o Festival (18 euros) realízase a través de Ataquilla. Tamén se poderán adquirir no despacho de billetes do Teatro Principal, unha hora antes do inicio de cada proxección. As invitacións tamén se poderán retirar do mesmo xeito.
Tamén, ao longo do martes, desenvolverase a primeira das sesións privadas de Novos Cinemas LAB, o laboratorio no que se asesora para sacar adiante proxectos audiovisuais. As sesións realizaranse a partir das 17.00 horas na Casa das Campás.
Relacionadas:
-
A directora e guionista María Pérez Sanz exporá os seus métodos de traballo este sábado en Novos Cinemas
Por Redacción |
-
Novos Cinemas abre a súa sexta edición coa estrea de "A virxe roxa" de Marcos Nine
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Películas que reflicten "a época que estamos vivindo", fío condutor do sexto Novos Cinemas
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Tres películas inéditas en España, entre os trece filmes que competirán en Novos Cinemas
Por Redacción |
-
As primeiras imaxes de "Matria" de Álvaro Gago veranse en Novos Cinemas
Por Redacción |
-
A cineasta cacereña María Pérez Sanz, protagonista do festival Novos Cinemas
Por Alejandro Espiño |
-
Novos Cinemas 2021 abrirá coa estrea en Galicia de ‘A Virxe Roxa’ de Marcos Nine
Por Redacción |