A final autonómica das Best Hit Battles será en Marín
Por Redacción
Marín converterase na capital galega do rap e do freestyle o próximo 2 de abril, cando a Finca de Briz acollerá a BHB (Best Hit Battles) Final Autonómica, a partir das 17.00 horas.
Esta final autonómica chega despois de cinco clasificatorias que se organizaron previamente en distintos puntos de Galicia, Marín incluído entre cidades como Vigo, Ourense ou A Coruña; para poder reunir aos 16 mellores freestylers galegos.
Eles serán os que se enfrentarán o 2 de abril en Briz: Acrox, Adriano, Gritos, Crespo, Dyru, Hastro, Hombre P, Hugo, JDR, Jota, LEE33, Lil Manin, Ruvix, Sozat, Tripo e VR.
Os dous gañadores, poderán clasificarse para a final nacional da General Rap Alicante, que se celebrará o 13 de agosto, coa viaxe incluída. Esta competición estatal puntúa para o ranking de ascenso en segunda división de freestyle de España.
Os xuíces serán o propio Basti e outro marinense, Polo; Hero, de Pontevedra; Yosua, de Lugo e Xenxo, de Ourense. Entre as batallas, haberá tamén concertos de MKP e Gesto Feo.
O concelleiro Hugo González quixo destacar o orgullo que é para Marín "acoller este tipo de eventos, sobre todo despois das boas experiencias que tivemos coas peleas de galos nas que colaboramos noutras ocasións, como a do Marín Gaming Fest, que foi un éxito de participación tanto de público como de freestylers".
González anima a todos a participar e vir desfrutar do mellor freestyle galego, incluso para xente que non coñeza esta disciplina.