#NiUnaMenos e #FakeNews no 'Othello' de Shakespeare que Voadora presenta no Pazo da Cultura
Por Anxo Lourido
A compañía teatral Voadora que dirixe a pontevedresa Marta Pazos representará este sábado 2 de abril ás 20.30 horas no Pazo da Cultura un espectáculo baseado no texto orixinal de William Shakespeare, 'Othello'.
Unha historia na que unha muller europea e un home africano se namoran ata que se produce un fatal desenlace co asasinato dela. A mentira, a inseguridade, a idea de entender como propio o que non se pode posuír aparece reflectido nesta historia escrita polo xenio británico hai máis de 400 anos e que hoxe está máis vixente que nunca debido á permanencia do sistema patriarcal e á violencia machista.
Desde Voadora sinalan que nestes proposta elementos tan actuais como, entre outros, #NiUnaMenos; #Postverdad ou #FakeNews teñen espazo nunha proposta que ofrece conversacións e accións do universo feminino a través de personaxes como Desdémona, Emilia e Bianca.
A obra convida a unha reflexión sobre que se pode facer na actualidade para deter o tempo no relato e volver sobre os pasos da historia. Tras a función o elenco interpretativo e as persoas que conforman a dirección de Voadora manterán un diálogo co público sobre a construción do xénero e sobre as relacións entre homes e mulleres.
As entradas ao prezo de 8 euros, máis gastos de tramitación, atópanse á venda a través de Ataquilla.
Relacionadas:
-
RADIO.- Ángel Luis Pujante, o Premio Nacional de Tradución que coñeceu Pontevedra por suxerencia do seu amigo Torrente Ballester
Por Marisa Ciordia |
-
A pontevedresa Marta Pazos dirixe a ópera da segunda compositora que estrea na historia do Gran Teatre del Liceu de Barcelona
Por Anxo Lourido |
-
Marta Pazos dirixe a nova produción do CDG, 'Ás oito da tarde cando morren as nais'
Por Anxo Lourido |
-
A pontevedresa Marta Pazos devolve ás táboas "Comedia sen título", de Lorca
Por Redacción |
-
'Viaje a la Luna', montaxe da directora pontevedresa Marta Pazos sobre a poética visual de Lorca
Por Redacción |