A Escola de Música de Vilaboa ofrecerá un concerto no porto de San Adrián o 25 de xuño
Por Redacción
Este mes a Escola de Música de Vilaboa está de festa e o vindeiro 25 de xuño, coincidindo coa celebración da Festa do Mar, ofrecerá un concerto no porto de San Adrián.
Os músicos da Escola compartirán escenario con tres grandes artistas galegos: Rosa Cedrón, Miguel Ladrón e Paco Lodeiro cos que interpretará temas recoñecidos.
A Escola de Música, da man de Daniel Figueira, director da Banda, conta agora con 170 alumnos, máis de 30 cativos e cativas asistindo ás clases de música e movemento; 65 membros na Banda de Música de Vilaboa e 13 profesores especialistas que imparten 16 materias instrumentais.
A Escola de Música de Vilaboa manterá aberto ata o vindeiro 30 de xuño o prazo de matriculación tanto para o alumnado actual como para as novas incorporacións.
Os rapaces interesados en iniciarse no mundo da música ou cursar estudos máis especializados e vencellados a algún instrumento poden formalizar a súa matrícula cubrindo o formulario correspondente.
As distintas materias que se imparten, en diferentes grados de formación, teñen un coste para os alumnos que oscila entre os 10 e os 40 euros ao mes. E este ano a Escola confía en incrementar, como xa ven sendo habitual, a súa matriculación. Sería un dato positivo máis a sumar na celebración do décimo aniversario da Escola de Música.
Relacionadas:
-
A Festa do Mar reúne en San Adrián a más de 2.000 persoas e reparte 1.272 racións
Por Redacción |
-
Unha gran carpa garantizará a celebración da Festa do Mar
Por Redacción |
-
San Adrián celebrará a súa primeira Festa do Mar na última fin de semana de xuño
Por Redacción |
-
A Escola de Música de Vilaboa celebra a súa primeira década cun macroconcerto
Por Redacción |