Valle Inclán en 'formato monicreques' para arrancar o festival de teatro Festivalle
Por Redacción
A cabeza do dragón, a obra de teatro familiar escrita por Valle Inclán, foi o espectáculo elixido para inaugurar o festival de teatro Festivalle, que se celebra ao longo de toda esta semana en Vilanova de Arousa, localidade natal do dramaturgo.
Títeres Cachirulo, unha compañía teatral de Santiago, foi a encargada de mostrar a versión con marionetas que crearon a partir da obra de Valle Inclán.
O éxito da convocatoria foi tal que finalmente a representación trasladouse do interior da igrexa á zona exterior permitindo a asistencia de case un centenar de persoas.
O público terá este martes unha nova oportunidade de asistir á representación, que se realizará ás 20.30 horas no Pazo de Vista Real.
A xornada pecharase coa estrea absoluta a nivel nacional da obra Luces de Bohemia, feita unha versión por Rafael Álvarez "El Brujo", obra para a que as entradas están esgotadas desde hai días o que dá conta do enorme interese que xerou a súa representación.
Relacionadas:
-
O Festivalle celebrará entre o 10 e o 15 de xullo a súa segunda edición en Vilanova de Arousa
Por Redacción |
-
Rafael Álvarez, 'El Brujo': "Galicia tiene en Valle- Inclán un intelectual de talla internacional"
Por Redacción |
-
O Festival de Teatro Festivalle 2022 homenaxeará a Valle Inclán en Vilanova de Arousa
Por Redacción |