A homenaxe de Roi Casal á emigración galega en Cuba triunfa en Sanxenxo
Por Redacción
A Praza dos Barcos de Sanxenxo encheuse de público para gozar co espectáculo Son galego, Son cubano, do cantante Roi Casal.
É unha das propostas que forma parte da programación Verán Sanxenxo 2022, que se desenvolve nos meses de xullo e agosto.
Con esta proposta artística, Roi Casal busca homenaxear aos emigrantes galegos que, desde Cuba, axudaron a conformar a identidade galega, dándolle protagonismo aos textos do escritor cruceño Xosé Neira Vilas.
A través da música logra conectar as dúas beiras do Atlántico a través da literatura en lingua galega, dos poemas de dun autor clásico que non deixou de ser galego cando estivo en Cuba.
Para este venres, a proposta vén da man da Circo Chosco que traerá Oh-Pera, un espectáculo de circo contemporáneo, ao parque do Espiñeiro de Portonovo.