Saen á venda as entradas para o Río Verbena Fest
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
'De perdidos... ao Río Verbena Fest'.
Con ese lema o novo festival musical que se estrea este ano en Pontevedra abriu este mércores a súa venda de entradas.
Trátase dun evento orientado cara á música urbana que conta ata o momento no seu cartel como artistas confirmados a Hijos de la Ruína, Villano Antillano, Sila Lúa, Thom Archi e Groove Amigos, a falta de máis nomes que se darán a coñecer proximamente.
O Parque de Tafisa, a beiras do río Lérez, será escenario do festival o vindeiro sábado 24 de setembro, cunhas entradas que poden adquirirse desde 19 euros en ataquilla.com e www.rioverbena.com.
ENTRADAS XA Á VENDA
— Río Verbena Fest (@RioVerbenaFest) August 17, 2022
Xa é unha realidade! As entradas para Río Verbena Fest están á venda e podes facerte coa túa en https://t.co/M2KshVRYKW e https://t.co/UHB77SZmVK
Contamos contigo o 24 de setembro na Explanada Tafisa #RíoVerbenaFest #Xacobeo #VisitPontevedra pic.twitter.com/8ONGz9nxP3
Relacionadas:
-
Hijos de la Ruina: "Dános un pouco igual que a industria nos tome en serio ou non. Impórtanos a xente que nos escoita"
Por Alejandro Espiño |
-
Ayax e Maikel Delacalle completan o cartel do primeiro festival Río Verbena
Por Alejandro Espiño |
-
Villano Antillano, Sila Lúa, Hijos de la Ruina e Thom Archi, primeiros artistas confirmados para o Río Verbena Fest
Por Manu Otero |
-
Así será Río Verbena, o festival que poñerá o broche de ouro ao verán pontevedrés
Por Alejandro Espiño |