'Música nos bares' devolve os concertos en directo ao centro histórico
Por Alejandro Espiño
A música en directo volve aos bares de Pontevedra. Farao este sábado 8 de outubro da non do ciclo 'Música nos bares' que, dentro do programa Cabos Soltos, ofrecerá ata catorce actuacións musicais en seis locais do centro histórico.
'Música nos bares', que impulsa o propietario de Sala Karma, Marcos Rivas, celebrarase de maneira ininterrompida entre as doce da mañá e a madrugada.
Rusty James & Fringe, o dúo que forman Arturo Delgado e Cora Velasco, serán os encargados de abrir o ciclo, ás 12:00 horas, no Bar Karma. Seguiralle o artista francés Frise Lumiere, á unha do mediodía, en El Pequeño; e Moucho, ás 14.00 horas no Bar Karma.
Neste mesmo establecemento, desde as 15:00 horas, haberá unha sesión DJ a cargo de Fiuza & Company; e ás cinco da tarde, Frida Foxes. A continuación a música volverá al Pequeño con La Casa de los Ingleses, un concerto previsto para as 18:00 horas.
O Diaño sumarase a esta iniciativa ás sete con Malecho & Corbi, tras os que actuará Visi, ás 20:00 horas, en El Pequeño.
Ás 21:30 horas, Uncle Doc & N. Skillzz actuarán no Duarte; a partir das dez será a quenda de La Yuca Funk en O Diaño e ás 22:45 horas Wyygga & Kelloh en The Groove House.
A recta final de 'Música nos bares' chegará desde as 23:15 horas en El Pequeno con La Banda de Atraco e, ás doce da noite, con Charlie Swamp e Diego de la Church.
O fin de festa será na Sala Karma, desde as 01:30 horas, cunha sesión DJ que protagonizará Nuno Pico, o artista coñecido como Grande Amore.
Relacionadas:
-
Cabos Soltos reunirá ata 90 artistas en locais de Pontevedra os días 28 e 29 de abril
Por Redacción |
-
Inscritos 33 locais en Cabos Soltos para programar música, monólogos e outras mostras artísticas
Por Redacción |
-
Cora Velasco, Kalani e Os Xesteira súmanse á programación cultural do campus
Por Redacción |
-
Cabos Soltos suma medio cento de actividades desde a súa reactivación en novembro
Por Redacción |
-
Niños Mutantes volven ás salas cun concerto en Karma
Por Alejandro Espiño |