Cabos Soltos reunirá ata 90 artistas en locais de Pontevedra os días 28 e 29 de abril
Por Redacción
Regresa Cabos Soltos, o programa municipal nado co obxectivo de promover a cultura emerxente da cidade e a fortalecer o tecido económico local.
Nesta ocasión, o Concello de Pontevedra programa dúas xornadas de actividade intensa entre os días 28 e 29 de abril, nos que se espera contar con ata 90 artistas distintos.
O Concello de Pontevedra fai un novo chamamento a artistas e establecementos de hostalaría para que se inscriban neste programa municipal e poidan programar actividades culturais, desde concertos a recitais, monólogos ou mostras plásticas.
O único requisito para a inscrición é ter a residencia física en Pontevedra, podendo presentala a través de cabossoltos23@gmail.com.
A voceira do Goberno local e concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, sinala que desde o Goberno local consideran que a hostalería "é un sector clave na dinamización local así como na xeración de emprego" e recoñece que algúns locais levan tempo promovendo actuacións en directo de bandas de pequeno formato, así como a difusión das creacións de artistas plásticos, poetas... sendo unha "plataforma imprescindíbel para a cultura de base".
Sen perder de vista os grandes eventos, que tamén contribúen á economía galega e á difusión da cultura en diferentes formatos expansivos, dende o Concello apostan por acompañar esta liña de acción cun esforzo por garantir que as pequenas salas e establecementos poidan seguir programando.
Dentro desta programación especial prevista dentro de Cabos Soltos para a última fin de semana de abril, tamén serán realizadas as III Xornadas sobre a industria musical e que incluirán unha serie de obradoiros para abordar a música desde diferentes eixos e temáticas
Relacionadas:
-
Volve Cabos Soltos, un programa "para que a xente recorde que nos bares tamén hai cultura"
-
'Quedamos no palco, quedamos coa clásica' volve a Pontevedra coa fin de unir mocidade e música clásica
Por Redacción |
-
Cabos Soltos abre a inscrición de locais para actuacións en directo
Por Redacción |
-
Inscritos 33 locais en Cabos Soltos para programar música, monólogos e outras mostras artísticas
Por Redacción |
-
'Música nos bares' devolve os concertos en directo ao centro histórico
Por Alejandro Espiño |
-
Cabos Soltos segue 'dando a nota' e programa cinco novos concertos para comezar o mes de abril
Por Redacción |