Ponteatro regresará en febreiro e ampliará o número de abonos dada a boa acollida
Por Redacción
O Concello de Pontevedra valora positivamente a última edición do ciclo teatral Ponteteatro que rematou o pasado xoves 10 e anuncia que, cara o futuro, ampliará o número de abonos dada a boa acollida.
Dende a Concellería de Cultura sinalan que coa volta á normalidade absoluta sen restricción de aforos nin obligatoriedade de uso de máscaras, Ponteatro "foi todo un éxito de acollida xa que o público, que superou as 2.000 persoas, esgotou os 50 abonos dispoñibles en pouco tempo".
O espectáculo 'As que limpan' foi o encargado de abrir esta edición esgotando as entradas. Tras el pasaron polo escenario do Principal 'O Péndulo' de Inversa Teatro, 'Golfa' de Crémilo, que contou tamén con pase para alumnado de secundaria, 'O porco de Pé' de Producións Tetrais Excéntricas, 'Cigarreiras' de Contraproducións e 'Smoke on the water' de Ibuprofeno.
A organización avanza que o ciclo teatral regresará en febreiro con 'Miss Docet' e que, vista a rapidez coa que se esgotaron os abonos, incrementará o número e porá á venda 70 localidades neste formato.
Para os amantes do Teatro, nas próximas semanas poderán gozar con 'As alumnas' o xoves 1 de decembro dentro do ciclo Guerrilla que ten xa as súas entradas á venda ao prezo habitual de 8 euros máis gastos (4 euros para estudantes, persoas desempregadas e maiores de 65).
Relacionadas:
-
A obra baseada no caso Altsasu pecha unha nova edición do ciclo Ponteatro
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
'Miss Docet', primeira aposta da nova edición de Ponteatro que arranca este xoves
Por Redacción |
-
Fai caso a Lady Elizabeth Stanley, con Ponteatro "non che dará chegado a próxima"
Por Natalia Puga |
-
"As que limpan" levan a Ponteatro a iniciar tempada coas entradas esgotadas
Por Redacción |