PortAmérica, Río Verbena, Revenidas, SonRías Baixas e FERVE Estrella Galicia, nominados aos Iberian Festival Awards
Por Alejandro Espiño
Os festivais que se celebran en Pontevedra e a súa área de influencia están de parabén. Case todos eles están entre os nomeados aos Iberian Festival Awards, os premios que recoñecen aos mellores eventos musicais que se celebran en España e Portugal.
PortAmérica, con once, lidera os nomeamentos a estes premios, que se entregarán o 11 de marzo na cidade lusa de Maia. Río Verbena Fest (6), SonRías Baixas (3), Revenidas (3), A Revolta do Umia (1) y FERVE Estrella Galicia (1) optan tamén a estes galardóns.
Na categoría de Mellor Festival de Mediano Formato, competirán PortAmérica, Río Verbena Fest -que tamén opta ao premio de Mellor Novo Festival-, SonRías Baixas e Revenidas, mentres que A Revolta do Umia farao na categoría de Mellor Festival de Pequeno Formato.
Haberá unha nutrida representación noutra das categorías, a de Mellor Actuación en Directo de artistas de España e Portugal: o concerto de Xoel López en PortAmérica, o de Hijos de la Ruína no Río Verbena Fest, o de Tanxugueiras en SonRías Baixas e o de Zoo en Revenidas.
Catro fotógrafos aspiran, pola súa banda, ao premio de Mellor Fotografa de Festival. Son Andrés Hermelo por PortAmérica, María Pol por Río Verbena Fest, Rocío Cibes por SonRías Baixas e Christian Pérez por Revenidas.
O resto dos oito nomeamentos de PortAmérica son como Mellor Promoción Turística, Mellor Programación Cultural, Mellor Estratexia de Comunicación e Marketing, Mellor Hospitalidade, Contribución á Sustentabilidade, Contribución á Igualdade, Mellor Recinto pola Azucreira e Mellor Actuación en Directo de artistas internacionais polo concerto de Nathy Peluso.
Río Verbena Fest tamén está entre os finalistas á Mellor Actuación en Directo de artistas internacionais polo concerto de Villano Antillano e á Mellor Promoción Turística.
Outra das novidades festivaleras deste 2022 en Pontevedra, o FERVE Estrella Galicia, foi nomeado á categoría de Mellor Festival Non Musical, pola súa excelente programación centrada na gastronomía e a cultura da cervexa.
Os gañadores da sétima edición dos Iberian Festival Awards serán elixidos a través da deliberación dun xurado profesional e das preferencias do público, que poderá votar aos seus gañadores ata o 16 de xaneiro en www.talkfest.eu/ifa.
Relacionadas:
-
Conta atrás para a revolución en Cuntis co festival A Revolta do Umia
Por Redacción |
-
Río Verbena ábrese a novos estilos e 'ficha' a Vetusta Morla para a súa segunda edición
Por Alejandro Espiño |
-
Ana Tijoux, Desakato, Heredeiros da Crus e Rodrigo Cuevas, novas incorporacións ao cartel do Revenidas
-
O vinte aniversario do SonRías Baixas encherá Bueu de música os días 3, 4 e 5 de agosto
Por Redacción |
-
A Revolta do Umia volverá revolucionar Cuntis os días 25 e 26 de agosto
Por Alejandro Espiño |
-
Río Verbena Fest, entre os finalistas ao mellor novo festival nos Iberian Festival Awards
Por Alejandro Espiño |
-
Revenidas estrea o seu cartel para 2023 cos únicos concertos de Ska-P e Zoo en Galicia
Por Alejandro Espiño |
-
Jorge Drexler, Molotov, Bad Gyal, Second e La M.O.D.A., entre os 25 confirmados para PortAmérica 2023
Por Alejandro Espiño |
-
Bad Gyal e La M.O.D.A., primeiras confirmacións do PortAmérica?
Por Diego Espiño |
-
PortAmérica pon data á súa edición de 2023: 13, 14 e 15 de xullo
Por Alejandro Espiño |
-
A música urbana ecoa á beira do Lérez cun Río Verbena multitudinario
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
FERVE Estrella Galicia ou como modernizar a romaría galega en plena Alameda de Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
PortAmérica eleva o pano dos grandes festivais do verán nas Rías Baixas
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |