O Liceo Mutante, na busca de mecenas para financiar a reforma da súa "prometedora" nova sede
Por Alejandro Espiño
O Liceo Mutante xa ten novo fogar. Pero antes de presentalo en sociedade teñen que facer unha serie de reformas que lles permitan retomar a súa actividade cultural de Pontevedra.
Pero o longo parón pola pandemia e os problemas asociados á súa sede histórica en Mollavao, que se viron obrigados a abandonar, deixaron a este colectivo sen fondos para acometer esta actuación.
Por iso é polo que, como moitos outros proxectos culturais, decidisen recorrer a unha campaña de micromecenado para cubrir os 30.000 euros que, segundo as súas estimacións, necesitarán para acondicionar un local que, aseguran, é "prometedor".
"Necesitamos da vosa solidariedade para afrontar as reformas", sinalan desde o Liceo Mutante, que abriron un crowdfunding para reunir o diñeiro que necesitan.
A campaña, que comezou hai apenas uns días, xa reuniu máis de 7.000 euros, grazas a uns 200 donativos de particulares.
Os responsables da asociación cultural lembran que "calquera achega, sexa a cantidade que sexa, é importante e agradecerémola enormemente".
Desde o ano 2011, o Liceo Mutante impulsou centos de eventos culturais en Pontevedra, desde concertos, proxeccións, talles ou obras de teatro, sempre sen ánimo de lucro e xestionadas integramente por persoas voluntarias que traballan de forma desinteresada.
Relacionadas:
-
O mal tempo obriga a adiar a festa do Liceo Mutante para despedirse de Mollavao
Por Redacción |
-
O Liceo Mutante busca novo local para seguir a súa actividade "non molestando a ninguén, coma sempre fixemos"
Por Natalia Puga |
-
Ordenan o cese de actividade do Liceo Mutante, que denuncia unha "campaña de acoso"
Por Natalia Puga |