Marín entrégase á maxia co seu primeiro festival familiar de artes escénicas
Por Redacción
Do 6 ao 9 de abril, Marín será a capital da maxia coa celebración do Festival Familiar das Artes Escénicas. As concelleiras Marián Sanmartín e Beatriz Rodríguez presentaron a actividade xunto co Mago Paco, organizador do evento, que se desenvolverá íntegramente na Alameda Rosalía de Castro. Agás que o tempo non acompañe, que se trasladaría ao Multiusos da Praza de Abastos.
Haberá obradoiros e espectáculos. Os primeiros serán de 17 a 18.30 horas e o horario das actuacións, de 18.30 a 19 horas.
O programa comeza o xoves 6 de abril co obradoiro Maxia e o espectáculo de clown e malabres Punkdemia, da compañia Peter Punk Payaso.
Ao día seguinte o obradoiro será sobre globos e pintacaras, mentres que o espectáculo será Consertasso na Horta, da compañía de Brais das Hortas.
O sábado haberá traballos manuais con máscaras e a actuación da compañía Marta Sempre Arriba que amosará o seu espectáculo "C'est pas possible", de clown, circo e acrobacias aéreas.
O programa conclúe o domingo cun taller sobre títeres a o espectáculo Got Pop, de monicreques e música presenado pola compañía Francis Zafrilla.
Relacionadas:
-
A Alameda de Marín escenario do primeiro festival familiar de artes escénicas
Por Redacción |
-
O Concello de Marín reparará as deficiencias do parque infantil da Alameda
Por Redacción |
-
Marín chora na despedida á súa sardiña, antesala á fin do Entroido
Por Redacción |
-
A sardiña, protagonista do cartel dun Entroido que xa quenta motores en Marín
Por Redacción |