Tonucci reivindica que os nenos teñan dereito ao tempo libre
Por Redacción
O pedagogo italiano Francesco Tonucci non podía faltar nesta V edición do Congreso Internacional de Mediación Lectora que coincidido coa celebración do Salón do Libro, leva por título ‘Libros (tamén) para xogar’.
Ante a imposibilidade de acudir presencialmente esta tarde, na que tivo lugar a derradeira xornada do evento, Tonucci quixo compartir mediante un video gravado ex profeso para a ocasión, unha serie de propostas para fomentar a lectura desde a pequena infancia, plantexando a lectura como xogo, como porta á posibilidade de vivir outras vidas e situación fantásticas.
Na súa palestra virtual o pedagogo realizou diferentes propostas para achegar a cativada á lectura como xogo e non como obriga "que es lo que fomenta el sistema educativo provocando el efecto contrario".
Tonucci ten claro que o amor pola lectura dos nenos pasa pola recuperación do tempo libre: "La escuela tiene que dejar tiempo libre a los niños, por ejemplo no dando deberes. Respetando que el tiempo fuera de la escuela es un tiempo de los niños que pueden dedicar al juego".
O outro relatorio da tarde correu a conta de Paco Veiga e Manuela Vázquez da Asociación de Patrimonio Lúdico de Galicia
Ao remate tiveron lugar catro obradoiros para dotar de ferramentas prácticas ao alumnado do congreso, desta volta sobre videoxogos na aula con Silvia López Gómez, literatura infantil e inclusión con Sonia Hermida, palabras e contos con Raquel Queizás e obxectos artísticos e libro-xogos con Itziar Ezquieta e Begoña Paz.
O congreso tivo lugar dentro do Salón do Libro que pechará as súas portas o vindeiro domingo 7 de maio, data na que terá lugar ás 12.30 horas a homenaxe a María Fe Quesada e Manuel Lourenzo González.
Relacionadas:
-
O Salón do Libro despídese ata o ano que vén con 'Contos do Grunge' da man de RockLab
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
O Salón do Libro estrea a Escola de Escrita Xuvenil da man de Manuel Lourenzo
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Os centros de ensino toman o Salón do Libro co inicio das actividades concertadas
Por Redacción |
-
Dous premios nacionais de literatura para dar lustre ao quinto Congreso de Mediación Lectora
Por Redacción |