O Salón do Libro despídese ata o ano que vén con 'Contos do Grunge' da man de RockLab
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz
O alumnado de 4 a 9 anos foi este domingo o encargado do espectáculo de clausura do Salón do Libro con 'Contos do grunge'.
O espectáculo botou a andar cunha breve intervención da concelleira de Cultura, Carme Fouces para despedir esta edición do Salón que pecha logo de 17 días, máis de 300 actividades desenvoltas e miles de nenos, familias e centros de ensino que gozaron delas.
Fouces agradeceu a toda a xente implicada activamente neste proxecto e tamén quixo destacar a labor do equipo de traballo.
A valoración deste Salón é "moi positiva", manifestou Fouces. "A pandemia fixo algo a favor: Ser conscientes do que perdemos e agora que o reuperamos a xente o abrazou dunha forma alucinante", engadiu.
Cun par de historias fantásticas como fío condutor – uns exploradores perdidos na selva de Colombia por mor dun xogo de mesa e unha invasión extraterrestre - o numeroso público puido gozar de 8 pezas.
Na maior parte foron versións de 'El pescador' (canción colombiana), 'Cariñito' de Novedades Carminha e outras de The Offspring, Daft Punk ou Pearl Jam e outros temas grunge dos 90, e tamén algunha de creación propia como 'Chiptune 1' ou 'Chiptune 2'.
Ao remate, tivo lugar unha sorpresa onde todo alumnado, nais, pais e ata a propia concelleira Carme Fouces, subiron a cantar xuntos e despedir o Salón por todo o alto ata o ano que vén.
Relacionadas:
-
Homenaxe a María Fe Quesada e a Manuel Lourenzo no Salón do Libro
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Laura Tova e Noemí Llantada, da Residencia Artística do Salón do Libro, adornan a cidade
Por Redacción |
-
Tonucci reivindica que os nenos teñan dereito ao tempo libre
Por Redacción |
-
O Salón do Libro estrea a Escola de Escrita Xuvenil da man de Manuel Lourenzo
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Os centros de ensino toman o Salón do Libro co inicio das actividades concertadas
Por Redacción |