Os centros de ensino toman o Salón do Libro co inicio das actividades concertadas
Por Redacción
Ao longo da mañá deste luns preto de 600 nenos acudiron ao Pazo da Cultura para desenvolver diferentes actividades que o Salón imparte para premiar a implicación e o esforzo dos centros de ensino colaboradores que cada ano achegan os seus traballos para exponer na Sala.
Organizados en dúas quendas os CEIPS Pedro Antonio Cerviño (Campo Lameiro) Cordo Boullosa, (Ponte Caldelas), Sagrado Corazón de Placeres, Álvarez Limeses e Praza de Barcelos, participaron dos contacontos de Raquel Queizás, Migallas Teatro e a contadora colombiana Carolina Rueda onde puideron gozar con historias de tradición oral e, ademáis, coñecer mulleres como a pirata Mary Read, entre outras actividades.
Tamén dos diferentes obradoiros, da man da ilustradora Susana Suniaga, Curiosaurios, as rapazas de Vacío Cero e o mediador chegado desde Colombia, Diego Alejandro Ruiz que pola tarde estivo na Libraría Paz na actividade para público xeral ‘Teñamos a poesía en Paz’.
A ilustración e os referentes artísticos, a creación coa literatura e a poesía como inspiración, as historias habitadas ou o stop motion foron os protagonistas.
Ao remate das actividades e divididos en grupos, percorreron da man do monitorado do Salón todos os espazos e recunchos da Sala onde ademáis de facer uso dos xogos interactivos, coñeceron a obra dos autores homenaxeados María Fé Quesada e Manuel Lourenzo González, curiosidades sobre a cultura convidada, etc.
Nos próximos días repetirase esta dinámica para recibir aos miles de nenos dos centros colaboradores, principalmente de Pontevedra e parroquias, pero tamén chegados de Ponte Caldelas, Campo Lameiro, Marín e Poio.
Este luns tivo lugar tamén, o encontro dos clubes de lectura, onde 200 alumnos de ESO e bacharelato do IES Torrente Ballester, Xunqueira1, Xunqueira 2, Sánchez Cantón, Luis Seoane e IES de Poio interactuaron con María Lado e Lucía Aldao e xogaron a responder preguntas sobre os diferentes libros que leran oa longo do curso como "Os corpos invisibles" de Emma Pedreira, "Contos por palabras" de Agustín Fernández Paz ou "A balada dos unicornios" de Ledicia Costas entre moitos outros, levando libros como agasallo.
Relacionadas:
-
Homenaxe a María Fe Quesada e a Manuel Lourenzo no Salón do Libro
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
O Salón do Libro despídese ata o ano que vén con 'Contos do Grunge' da man de RockLab
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Tonucci reivindica que os nenos teñan dereito ao tempo libre
Por Redacción |
-
O Salón do Libro estrea a Escola de Escrita Xuvenil da man de Manuel Lourenzo
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Os 'libros para xogar' ilusionan a nenos e maiores nos primeiros compases do Salón do Libro
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Centos de libros, na busca dunha nova vida
Por Redacción |
-
O Museo e o Salón do Libro, unidos a través da exposición 'Había outra vez'
Por Redacción |
-
Abre un Salón do Libro que promete "dar máis xogo que nunca"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |