Premiados tres alumnos do Garaxe Hermético
Por Oskar Viéitez
O Curso Profesional de banda deseñada de O Garaxe Hermético, a escola Profesional de Banda Deseñada e Ilustración fundada por Kiko da Silva no 2012 en Pontevedra para ensinar o seu oficio de autor de cómic, comeza a recoller os froitos das ensinanzas sementadas estos 11 anos.
Lucía Rodríguez Cid alumna de 3º curso de Banda Deseñada Profesional, acaba de gañar o Premio Curuxa Nova dotado con 1.500 euros, e Hadrián Jamardo de 2º curso de Banda Deseñada Profesional, quedou finalista nese mesmo premio otorgado polo Museo do Humor "Xaquín Marín" de Fene.
Por outra banda outra exalumna Cristina Alboja foi galardoada co 1º Premio do concurso de Carteis para a Mostra de Olería 2023.
Tamén vén de publicarse unha selección de 6 historietas dos alumnos no libro ‘Museum’ de Fernando De Felipe, un autor clásico das revistas dos 80, Zona 84, á que a editorial ECC lle está reediatnado unha colección con toda a súa obra.
Un exercicio no que aprenderon como se traballa con personaxes e limitación de páxinas como se facía na época da revistas e as historietas curtas. Esas historias de Andres Chinchilla, Luciano Ripio, Javier Rial, Jorge Fernández, Sergio de Arcos, Cristina López poderanse ler nesta edición especial con portada en 3D.
O curso 2022-23 terminará o vindeiro día 15 de xullo, pero en O Garaxe Hermético xa teñen preparados os cursos de verán, para aprender escritura creativa e de guión, manga e cómic, animación tradicional, técnicas como a pintura con Gouache ou obradoiros de debuxo urbano ó aire libre.
Relacionadas:
-
'Idol', de Alba Chan e Ene, gaña o V Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético, que publicará Xerais
Por Redacción |
-
Estas son as Plumas de Ouro e de Prata e o Premio de Fin de Curso do Garaxe Hermético
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación homenaxea o debuxante Xaquín Marín coa publicación de "Gaspariño XXI"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Profesionais da banda deseñada formados na Facultade de Belas Artes protagonizan unha exposición
Por Redacción |
-
José Malvárez, o historietista saído do Garaxe Hermético, estrea a súa nova novela gráfica
Por Álvaro Arosa Barco |