O Senda Fest reúne 14 propostas musicais de vangarda a carón do Lérez
Por Cristina Saiz
Este venres comezaron dúas das primeiras grandes citas da programación festiva do verán en Pontevedra: a Festa dos Libros, na Ferrería e o Senda Fest no espazo verde da antiga fábrica de Tafisa.
Ao carón do río Lérez desenvólvese este evento musical dende as seis da tarde con este espírito de Senda: un festival boutique cunha coidada selección de artistas, case todos inéditos en Galicia, con propostas que oscilan entre o baile hedonista e os sons de vangarda.
Unha das grandes novidades deste ano é a presenza de John Talabot, un dos DJ’s e produtores españois más internacionais e respectados, habitual de clubes e festivais de culto en todo o mundo. Xunto a él, Oma Totem, artista barcelonés tamén integrante do selo Hivern de Talabot.
O cartel complétano outros selectores de Barcelona, Ibiza e Madrid, como Camilo Miranda, Christian Len, Spacer, Systema, Mena G ou La Ind0. Ademais do talento local de Certain People, Nico, Arque, Sofía de África ou Enzo Ghisu.
Os organizadres destacan que Senda é "un lugar de encontro lúdico, á vez que reivindicativo, un espazo seguro no que a música funciona como fío condutor, a través dunha programación diversa, plural e inclusiva".
O Senda Fest está promovido polo Concello de Pontevedra coa produción e programación de Certain Music Events. Ademáis ten entrada de balde ata completar aforo.
Relacionadas:
-
Esta fin de semana comezan as xornadas 'Música de Bandas' na Alameda e no Principal
Por Anxo Lourido |
-
A música electrónica de vangarda ten unha cita a partir deste venres co Senda Fest no espazo verde de Tafisa
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra busca ser un "fervedoiro" cunhas Festas de Verán convertidas no 'Pontevedra Verán Fest'
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Vanesa Martín, La M.O.D.A., Cruz Cafuné, Pimpinela, Recycled J ou Baiuca, nas Festas da Peregrina
Por Alejandro Espiño |