A Festa dos Libros continúa cun domingo cheo de actividades
Por Oskar Viéitez
A Festa dos Libros continúa este domingo cunha xornada chea de actividades pensadas para todos os gustos e idades.
Para a cativada houbo dous contacontos, o primeiro con sorpresa "Caca, cu, peido, pis... in English", con Irene Alonso Gasalla e a segunda contada con Iria Pinheiro "Queda sitio na vasoira?".
Ao mediodía será o "Cafeciño & Draw" no que convídase ao público a que colla os seus aveños de debuxo e se prepare para botar un anaquiño con tomando un café e debuxando xunto coas ilustradoras María Montes, Paula Cheshire, Eli García, Rena Ortega e Nuria Figueiredo mentres responden ás propostas creativas lanzadas por Alba Blanco.
Esta xa é unha actividade dirixida a un público adulto, singularmente de ilustradores, debuxantes, estudantes de cómic, de Belas Artes... e calquera persoa á que lle apaixone debuxar.
Ao longo de toda a xornada dominical haberá presentacións e sinaturas de libros: Lola Fernández Pazos, "El pazo de Lourizán"; José Malvárez Carleos, "Incoloro. A profecía dos sangues"; Anémona de Río, "A proba de auga"; "BeiÑa, Onde nacen apertas?"; Perfecto Souto, "Stricta fvnis. En la cuerda floja"; Irene Alonso Gasalla, "A caca Cuca viaxa a U.K."; Juan Ricardo Baquero, "Desde la ventana"; María Carrera, "La gallina Pipi"; Kiko da Silva, "Moncho e a mancha"; Rober H.L. Cagiao, "A irmandiña"; Adrián Estévez, Manuel de Castro, "Handicap. Crónica dunha paixón"; Isabel Elena Peleteiro, "A visión da Galicia emigrada a Hispanoamérica en torno á discutida orixe galega de Cristobal" de María Montes, Paula Cheshire, Eli García e Nuria Figueiredo. Seijas.
Xa pola tarde continuarán Alicia Suárez, "Un ollo para ler"; Eli García, "O grande aviario"; "Sabela Senn, Seis caminos de diversidad funcional"; Antonio Seijas, "Saudade"; María Montes, "Unha nova dimensión"; Samuel Merino, "Con esta hoz" e Paula Cheshire, "El duelo".
XORNADA DO SÁBADO
O sábado numerosas persoas achegáronse durante todo o día ata a carpa instalada na praza da Ferraría.
A poeta, cantante e astrónoma afeccionada Estíbaliz Espinosa, acompañada pola pianista Isabel Gómez Alonso, abriu a programación no escenario coas súas Constelacións literarias. A creadora presentou tamén a cuarta edición do seu libro "Curiosidade" onde propón cambiar o punto de vista sobre as cousas para encontrar unha nova ollada: a relación entre literatura e ciencia.
Da man da Libraría Paz, chegou Enfiando lecturas, cita clásica na Festa con catro autores e autoras pertencentes a diferentes disciplinas e xéneros literarios. Desta volta enfiáronse as lecturas das obras de Xosé Cabido (co ensaio "A vontade de cambiar: homes masculinidade e amor"), Branca Novoneyra (coa obra de poesía "As cunchas baleiras"), Eli García (coa banda deseñada "O grande aviario") e Ismael Ramos (e o seu libro de narrativa "A parte fácil").
Xa pola tarde, os escritores Fina Casalderrey e Xosé Monteagudo conversaron sobre Pontevedra como materia prima para a creación literaria. Ambos os dous charlaron sobre a pegada da Boa Vila e a súa contorna nos seus libros e presentaron as súas novas novelas "A muller xabaril" e "Vémonos mañá".
Tamén houbo unha mesa redonda sobre a figura de Francisco Fernández del Riego, o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2023.
Malores Villanueva (Francisco Fernández del Riego, un loitador pola idea de Galicia), Ramón Nicolás (Francisco Fernández del Riego. Vida e obra dun obreiro do galeguismo), Antón Mascato (Francisco Fernández del Riego. O home que valía por mil e De Compostela ao exilio interior. Francisco Fernández del Riego), acompañado polo ilustrador Pepe Carreiro, e Beatriz Liz de Cea (Don Paco, letras para a arte galega), moderados pola docente e investigadora Malós Cabrera, afondaron nos aspectos máis destacados da súa traxectoria vital e literaria.
Arantza Portabales e Ulises Bértolo presentaron os seus últimos thrillers, "O home que matou a Antía Morgade" e "La dama del Norte", respectivamente.
O grupo lucense das Lupercais pechou o programa desta segunda xornada da Festa dos Libros de Pontevedra cun recital poético sobre a obra "Unha antoloxía posible" con voces emerxentes da nova poesía galega e con nomes consagrados pola crítica e os lectores como Abraham Pérez, Luís López Alonso, Antom Fortes, Miguel Ángel Curiel e Genaro da Silva.
Nos postos das librarías, estiveron asinando exemplares dos seus libros Víctor Rivas, Laura Parrula, Lucía Mojón, Anxo Carramal, Rena Ortega, Federico Limeres, Perfecto Souto, Valeria Mederer, Juan Ricardo Baquero, David Pintor, Javier Marín, David Pintos, Xosé Manuel González “Oli”, Branca Novoneyra, Eli García, Ismael Ramos, Samuel Ferro, Inés Mosquera, Eduardo Sánchez Martínez, Rober H.L. Cagiao, Adrián Morgade, Cristina Vatra, Abraham Pérez, Suso de Bustes, Francisco Narla, Fina Casalderrey, Fabio Rivas, Eva Mejuto, Susana Suniaga, Lola Fernández Pazos, Nuria Díaz, Elena Gallego Abad e Alba Guzmán Falcón.
Relacionadas:
-
A ilustradora pontevedresa Eli García opta con tres títulos aos Premios Follas Novas do Libro Galego
Por Redacción |
-
Pontevedra opta aos premios Follas Novas pola Festa dos Libros
Por Redacción |
-
Xornada de celebracións na apertura da Festa dos Libros
Por Cristina Saiz & María José Pita |
-
A Festa dos Libros de Pontevedra abre as súas portas na Ferrería
Por Oskar Viéitez |