Quique González, Deluxe, Guitarricadelafuente, Ysy A e Second abren por todo o alto unha nova edición de PortAmérica
Desde primeira hora da tarde, a Azucreira de Portas foi recibindo aos seus primeiros visitantes. Todos eles ávidos de festival e de gozar da primeira xornada do PortAmérica 2023 que, como vén sendo habitual, reúne a grandes artistas nacionais e internacionais.
A fresca proposta de Quirkyoddgirld foi a encargada de romper o xeo desta edición no primeiro dos dous escenarios do festival. Tras ela, foi a quenda de Conociendo Rusia, o proxecto de rock-pop liderado polo arxentino Mateo Sujatovich.
O tamén arxentino Gustavo Santaolalla, gañador do Óscar pola música das películas Brokeback Mountain e Babel, actuou xa cando o público comezaba a encher o recinto, cunha asistencia máis que notable cando lle tocou saír ao madrileño Quique González.
A partir de aí, Guitarricadelafuente e o novo dúo alacantino Funzo & Baby Loud abriron boca para un dos pratos fortes da noite, o regreso a PortAmérica -un ano máis- de Xoel López co seu anterior proxecto musical, Deluxe.
Os mexicanos Son Rompe Pera puxeron ao público para bailar cunha música que, a base de cumbia, fusionou rock, punk ou ska. Foi xusto antes de que os murcianos Second e o rapeiro arxentino Ysy A puxesen o broche de ouro musical a este primeiro día de PortAmérica.
En cando á oferta gastronómica, o coñecido como ShowRocking capitaneado por Pepe Solla, ofreceu numerosos petiscos de autor elaborados, en dúas quendas diferentes por chefs de gran renome nacional e internacional.
Este xoves acenderon os fogóns Ángel León, Álvaro Fuentes, Antonio Arrabal, Chechu González, David Abalo, Diego Novas, Javier Olleros, Lara Rodríguez, Maca de Castro, María Cambeiro y Alberto Cruz. A parte doce correu a cargo de Tomoshige.
PortAmérica, entre outras actividades paralelas, tamén ofreceu talleres ambientais, unha ludoteca infantil ou un mercado artesanal con 25 artistas e deseñadores locais.
O festival continuará este venres cos concertos de Sebastián Yatra, Nicki Nicole, Jorge Drexler, Dani Fernández, La M.O.D.A., Pole, Ortiga & Pili Pampín, Bandalos Chinos, Sexy Zebras, Daniel me estás matando, Marilia Monzón e Centavrvs.
Pola súa banda, cociñarán Anxo Trives, Catalina Vélez, Francisco Ruano, Héctor López, María Varela, Marina Puigvert, Pablo Lens, Tomás Bermúdez, Tomás Kalika e Vicky Sevilla; mentres que da repostería encargarase Ariel Mendizábal
Xa para o sábado 15 de xullo quedarán Bad Gyal, MClan, Loquillo, Silvana Estrada, Carlangas, Nanpa Básico, Grande Amore, Flecha Valona, Muerdo, Orkesta Mendoza e Galician Army.
Os últimos petiscos serviranos Antonio Arrabal, Begoña Rodrigo, Diego Guerrero, Édgar Núñez, Fabián Delgado, Iván Domínguez, Javi Estévez, Lydia del Olmo, Xosé Magallaes, Luciana Berry e Miguel Cobo. Jordi Brutón será o que elabore as sobremesas.
Relacionadas:
-
PortAmérica fixa as datas para a súa edición de 2024: os días 4, 5 e 6 de xullo
Por Alejandro Espiño |
-
PortAmérica, premiado como o festival español con maior sustentabilidade social
Por Alejandro Espiño |
-
Milleiros de persoas vibran ao ritmo da segunda xornada do PortAmérica
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Este xoves comeza PortAmérica con máis do 90% da capacidade da Azucreira de Portas vendida
Por Redacción |
-
Molotov cancela a súa xira europea e cae do cartel do PortAmérica
Por Alejandro Espiño |
-
35 chefs, que suman 14 Estrellas Michelín, figuran no cartel do ShowRocking do PortAmérica
Por Redacción |
-
Así será, día a día, a oferta musical do festival PortAmérica 2023
Por Alejandro Espiño |