'20.000 especies de abellas', película candidata a representar a España nos Oscar chega ao FICBUEU
Por Redacción
A película '20.000 especies de abellas', seleccionada entre as 3 precandidatas de España para a vindeira edición dos Oscar, poderá verse este sábado no FICBUEU. A longametraxe, escrita e dirixida pola realizadora alavesa Estibaliz Urresola, proxectarase na noite deste sábado ás 21.30 horas no Centro Social do Mar (Bueu).
A xornada comezará ás 10.30 horas na Sala Multiusos cunha clase maxistral a cargo da investigadora e profesora Nieves Febrer. Baixo o título 'O cotizan, entorno e artificio', Febrer centrarase no concepto do cotián e a súa construción visual a partir de obras de diversos artistas e cineastas.
Ás 12.30 será o turno da conversa 'A estética do cine sensible, o realismo e a cotidianidade no cinema' coa crítica e xornalista Andrea Morán e máis a investigadora e colaboradora da 'Revista Caimán Cuadernos de Cine', Daniela Urzola. Ambas abordarán como é o retrato da vida cotiá no cinema a través da obra de distintas autoras e autores.
Xa pola tarde, as II Xornadas Cinematográficas do FIC continuarán abordando as particularidades e implicacións narrativas e estéticas do cinema sensible e cotián cun encontro co director xaponés Yasujiro Ozu. Tamén participarán Santos Díaz como moderador; Marta Peris, autora da tese 'La casa japonesa a través del cine de Yasujiro Ozu' o catedrático Antonio Santos, especialista en cine xaponés e asiático e autor da tese 'Elogio del silencio: Yasujiro Ozu en los tiempos de estruendo (1903-1963)'; e o profesor Jordi Puigdomènech, investigador e autor de obras como 'Yasujiro Ozu, el tiempo y la nada', entre outras.
Como preámbulo á proxección de '20.000 especies de abellas', a directora de arte do filme, Izaskun Urkijo, falará sobre o seu papel na creación estética da película centrándose na creación e planificación estética do mesmo. Este encontro o dirixirá a tamén directora de arte Elia Robles, quen participou en filmes coma 'Ons ou Melancolía'.
A entrada á proxección custa 3 euros e pode mercarse na tenda en liña do Festival ou no despacho de billetes do FICBUEU dende unha hora antes da proxección.
Relacionadas:
-
O director holandés Joris Ivens, pioneiro do cinema documental, protagonista do CadernoFICBUEU#4
Por Redacción |
-
RADIO.- O FICBUEU xa ten un programador membro da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España
Por Marisa Ciordia |
-
Catro cineastas illaranse en outubro en Ons para desenvolver os seus proxectos
Por Oskar Viéitez |
-
FICBUEU inicia este luns a 'Sección Oficial' con curtas relevantes nos Oscar, Berlín, Venecia e Cannes
Por Redacción |
-
A nova xeración do cinema galego, presente este domingo no FICBUEU
Por Redacción |
-
FICBUEU comeza este venres coa vangarda audiovisual internacional e reforzando o compromiso social
Por Redacción |
-
Cine e ludoteca, un plan perfecto co que o FICBueu favorece a conciliación
Por Redacción |
-
Homenaxe a Joris Ivens, pioneiro do cinema documental con conciencia social
Por Redacción |
-
As entradas para o FICBueu xa están á venda
Por Redacción |
-
Silvia Lobo, Manuel Monzón e Mihai Chirilov, xurado oficial do FICBUEU 2023
Por Redacción |